Skip to Content

EDLG

BOLETÍN INFORMATIVO DO 1º TRIMESTRE 2019-2020

 

     O Equipo de dinamización da lingua galega e o Equipo de biblioteca, presentan o boletín-resumo das actividades do 1º trimestre.

 

CONCURSO DE RECEITAS

 No mes de novembro, como cada ano, celebramos o "concurso outono literario". Este ano estivo adicado á nutrición, proxecto globalizador do centro. O concurso consistiu na elaboración dunha receita escrita ademais da preparación do propio prato. Foi un éxito de participación. Moitas grazas a todos e todas.

                                                                                                                                              PREME PARA VER OS POSTRES PRESENTADOS

    PREME PARA VER  A RECEITAS GAÑADORAS

REGUEIFAS

O mércores 4 de decembro, os alumnos e alumnas de 6º, participamos nun obradoiro moi interesante sobre música tradicional galega "as regueifas". Ademais de descubrir a súa orixe e de analizar aspectos característicos como é a súa rima, compusemos as nosas propias regueifas. Foi todo un espectáculo e un pracer descubrir unhas das nosas tradicións máis arraigadas. Moitas grazas!!

MAGOSTO

logo O mércores 13 de novembro, celebramos unha das festas máis arraigadas de Galicia, o magosto. Este ano, debido ao mal tempo, non fixemos a actividade de senderismo, aínda que a xornada lúdica no colexio foi moi divertida. Xogos nos que implicáronse tanto alumnado como corpo docente, e nos que o desenvolvemento de condutas sociomotrices e integradoras positivas foron unha realidade. A degustación de castañas completou con "moito gusto" un día moi especial.

cast

Galería Fotográfica
 
                                                                                                        magosto 2019
 

 

LETRAS GALEGAS 2019

           O 16 de maio, celebramos o Día grande das Nosas Letras, unha homenaxe a nosa lingua. Interpretacións musicais ou recitado de cantigas foron algunhas das actividades para unha xornada tan especial.

LETRAS GALEGAS 2019

A Real Academia Galega decidiu adicar as Letras Galegas 2019 ao escritor pontevedrés Antonio Fraguas Fraguas.

Preme nas imaxes para saber máis da súa vida e obra.

 

LETRAS GALEGAS 2019

 

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2019

PREME PARA DESCARGAR OS DÍPTICOS

OS MAIOS

O 15 de maio, dentro do Programa de Dinamización da Lingua Galega, os nenos e nenas de 1º e 2º curso organizaron conxuntamente coa EEI Monte do Alba a festa dos maios. Foi unha xornada especial que culminou cunha merenda no Centro Cultural de Valadares. Moitas grazas ás familias que colaboraron con nós.

 

BOLETÍN INFORMATIVO DO 2º TRIMESTRE

EXPOSICIÓN SOBRE O LIÑO

              O 10 de abril, dentro do Programa de Recuperación do noso Patrimonio Cultural, o alumnado de 4º, 5º e 6º desprazámonos ata o Centro Cultural de Valadares para participar dunha exposición titulada "Arredor do liño". Descubrimos diferentes técnicas de traballo, curiosidades sobre os instrumentos empregados ou as características dos traxes galegos da época . 
 
 

                                                                                               Exposición liño
Distribuir contido


by Dr. Radut