Skip to Content

Actividades

No libro cóntase a historia de Fred Quincalla, un autómata imperfecto e único, que case perde a esperanza de atopar o seu lugar no mundo.

Deseñamos actividades para antes/durante e despois da lectura.

 A actividade esta publicada na Aula Virtual > 6º > Lingua galega 

Audiopoemas dedicados a Fred Quincalla. Publicados en  #EuQuedoNaCasa con data o 27 de abril.

Ficha interactiva Fred Quincalla

 

Para celebrar  o Día da Terra, aproveitamos un dos personaxes do libro e pedímoslle aos rapaces que construíran cadanseu robot inspirándose Fred Quincalla. O único requisito era o  emprego de material de refugallo.  

Redución de residuos e manter hábitos de reciclaxe son as mellores opcións para velar pola saúde do Planeta

Nas demais clases pedíuselle que fabricases un xoguete, un robot, calquera manualidade reutilizando materiais.

Estes son unha selección dos  Makers:

Aus de 5º e o seu robot envíannos unha mensaxe a través da pantalla LCD. 

Aus de 5º, Mikel de 1º e seu papi  explicannos o proceso de conexións e programación da pantalla LCD

Ainhoa de 5º, emprega caixa e cartón, envases e rollos de papel

Guille de 5º constrúe un robot co bote de colacao e algúns complementos de plástico.

Este robot con botellas, palliñas, follas de revista, e vasos de iogur é obra de Delia- 5º  

 Ao robot de Vítor de 5º, non lle falta ningún detalle

 Paulo 5º, no seguinte enlace explícanos cal foi o proceso que seguiu no deseño do robot.

O robot de Martín de 6º

As evidencias están no blog de Agueiro #EuQuedoNaCasa publicados coa data 22 de abril

No blog da biblioteca e no álbum de Google Eu Reciclo Xogando

Na clase de infantil de 5 anos, para festexar o Día de Rosalía, escribiron e ilustraron o poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes"

Aquí están co poemario que compartiron con toda a escola o Día Internacional da Muller.

adios rios adios fontes

adiós ríos

Dedicado a Maruja Mallo

Proxecto Pintura

Promovéronse actividades diversas para coñecer a figura desta
pintora galega e da etapa cultural que lle tocou vivir:
 

-Reproducións de cadros da pintora.

"Sorpresa de Trigo" de Maruja Mallo pintado polo alumnado de educación 
infantil.

-Retratos, creación literaria e xogos de palabras.

-Biografía.

-A Xeración Feminista do 27-As Sinsombreiro.

-M Mallo e as simetrías matemáticas

-Mulleres pioneiras,  mulleres poetas, científicas, artistas, innovadoras...    

M agnífica

U nica

L ibre

L oitadora

E xtraordinaria

R ebelde  

 

Maruja Mallo

-> Sempre é un pracer comezar o día con alegría: As Alumnas/os de 5º e 6º sorprenderon aos compañeiros/as,  interpretando a melodía "Oda á alegría" da 9ª Sinfonía de Beethoven á hora de entrar. Así dá gusto!

Construíndo a Paz con moita arte from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

-> Contacontos pola PAZ. Rapazas e rapaces de 6º prepararon varios contos para contar, dramatizar nas distintas aulas dende infantil ata 5º de primaria. Relación de contos

-> Construíndo a PAZ con moita arte (Actividade encadrada dentro do proxecto dos pintores). Cada clase buscou unha obra de arte con temática inclusiva, solidaria, pacifista... para facer un crebacabezas para logo agasallar ás outras clases.

 ->  Acto conxunto no patio:

-Percusión corporal e canción: "O mundo é grande" de Mamá Cabra ("O reloxo sincopado" de Leroy Anderson)

-Manifesto escrito por Uxía V. de 6º de EP.

-Canción: "Imagine" de John Lennon

 Galería de fotos

#TempoDeActuar COP25

CEIP Vistahermosa, Decembro de 2019

Estes son os compromisos, consignas e accións que imos levar a cabo, na escola e na casa, para loitar contra o Cambio Climático.

-Regala agasallos que non sexan destrutivos para o planeta: Invitacións para ir ao cine, a dar un paseo ou a coñecer o teu pobo; un vale por un abrazo, para unha clase de algo ou unha tarde de amig@s. 

-Compra produtos locais: artesanía creativa, cousas feitas con amor. Se o fas ti mesma/o, terá máis valor. En envoltorios ecolóxicos, sen bolsas!  

Propoñer ás/aos dirixentes do concello as seguintes accións para encarar a emerxencia climática que con leva a degradación ambiental, a perda de Biodiversidade, maiores desigualdades: pobreza enerxética, fame, escaseza de auga... Na nosa cidade poderíase:

- Restrinxir a circulación de automóbiles na cidade, creando zonas de aparcamentos ás entradas e contando con boa comunicación de transportes públicos.

- Aproveitar a enerxía xeotérmica das augas termais para o uso de calefacción das escolas da zona, entre as que nos atoparíamos nós.

- Manter limpos os montes, aproveitando os residuos forestais como combustible,  biomasa, para a calefacción de moitos fogares. Os beneficios ambientais e sociais serían moitos: reduciríase a contaminación por transporte de combustible, evitaríanse incendios e crearíase emprego.

- Por máquinas que recollan envases a cambio de diñeiro.

- Re utilizar as augas grises que proveñen dos fogares e da chuvia para limpar as rúas, regar e incluso para reusar directamente nos váteres.

- Repoboar os bosques queimados con especies autóctonas coma o carballo, a sobreira e o castiñeiro, protexéndoos de especies invasoras que os danan.

- Promover a colocación de paneis solares nas vivendas.

Acordamos remitir unha carta ao alcalde coas nosas propostas para lograr unha cidade máis ecolóxica e sostible. CARTA AO ALCALDE

#25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Todo o colexio, desde infantil a primaria asistiu por sesións organizadas á Biblioteca para xogar cos escornabots nos taboleiros da Igualdade.
Xogos e actividades que invitan á reflexión para romper con estereotipos e camiñar cara a IGUALDADE.Que ninguén che corte as ás

Que ninguén che corte as ás

Actividades escornabóticas para derribar roles e estereotipos. 

* Nivel Infantil e Primaria

Tras ver o vídeo de “O libro dos porcos” propóñenselle varios xogos a partir do taboleiro: identificar situacións que aparecen no conto, ordenar a historia, realizar diferentes itinerarios polo taboleiro.  

* Nivel Primaria

Necesitades un escornabot, un dado, e tantas fichas como xogadores/equipos xoguen.
contos igualdade

 

Antes de xogar: Ler a selección de contos  con temática inclusiva e de igualdade propostos. Pídeselle ao alumnado que escriba unha pequena reseña sobre cada un. 

 

Como se xoga? Repártense as tarxetas das reseñas e cada xogador/a terá que identificar o libro e levar o escornabot a cela correspondente

 * Nivel 4º, 5º e 6º de Primaria

A OCA DA IGUALDADE 

Este taboleiro xógase ao estilo xogo da oca. As respostas son abertas, as  opinións contan, agás na cela 5 que só ten unha resposta correcta. Se non acertades, retrocederedes ao principio. Para gañar teredes que caer na cela 11 e responder a pregunta quen é Malala? Se non o sabedes volveredes á saída.

Instrucións

oca da igualdade

Blog da biblio: A sombra do érbedo. 

#20 N, DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 

As Alumnas/os de 6º de primaria, distribuíronse en grupos para lerlles o discurso de Malala Yousafzai ás nenas/os de primaria. 

Que as aulas baleiras, a infancia perdida ou o potencial desperdiciado, se acaben connosco.

Que sexa a última vez que unha nena ou un neno pase a súa nenez nunha fábrica.

Que sexa a última vez que unha nena se vexa forzada a un matrimonio temperán.

Que sexa a última vez que unha nena/o inocente perda a vida nunha guerra.

Que sexa a última vez que unha aula quede baleira.

Que sexa a última vez que se lle diga a unha nena que a educación é un delito e non un dereito.

Malala Yousafzai

No vídeo,  Uxía, Zoe, Aarón e Héctor, lenlles  ás rapazas e rapaces de 1º EP.  “Un neno/a, un mestre/a, unha pluma e un libro, poden cambiar o mundo”.  

Discurso de Malala Yousafzai 

Manifestación contra o Cambio Climático

#27S Mobilización de toda a escola polo Clima: Parón no recreo cos cartaces.

Con estas mensaxes o alumnado manifesta a súa preocupación pola saúde do planeta e reclama cambios para que a situación mellore: "Di NON ao plástico dun só uso", "Sen árbores non hai vida",  "Agora tócache a ti. CÓIDAA!, "Non malgastes auga", "Salvemos o planeta antes de que sexa tarde" ...

mobilización clima

Tamén en http://asombradoerbedo.blogspot.com/

PETICIÓN DE SOCORRO AOS HABITANTES DA TERRA

As rapazas e rapaces de 6º lennos esta carta, enviada pola Terra, pedindo a nosa axuda para recuperar a saúde.

Carta da Terra: Petición SOS 

#27S Mobilizacións polo Clima

Distribuir contido


by Dr. Radut