Xornada organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte que contou coa participación de 13 centros educativos. O CEIP Vistahermosa foi representado por 39 rapazas e rapaces.
Mañá chea de nervios, medos, emocións, convivencia e deportividade.
Destacar o grandísimo esforzo das nenas e nenos debido á esixencia desta proba e en moitos casos a ser a primeira vez que participabamos nalgo parecido.
Con este tipo de actividades preténdese achegar ao alumnado novas experiencias deportivas e motivalo á práctica das mesmas.
Noraboa a todas e a todos