CIENCIA CON SABOR!
Novembro, mes da ciencia en galego
Obxectivo: Desterrar a información errónea do mapa de sabores. O mapa da lingua ou mapa gustativo, que afirma que cada unha das distintas seccións da lingua só detecta un tipo de sabor (doces, salgados, acedos, amargos e umami*) é inexacta.
Temos receptores do sabor na lingua, no padal e na garganta. As sensacións gustativas proveñen de todas as rexións da lingua, aínda que unhas zonas son máis sensibles a determinados sabores que outras.
*O Umami (delicioso en xaponés) considérase o quinto sabor básico. É un sabor como á carne xugosa, tomate maduro, setas...
OBSERVACIÓN DAS PAPILAS GUSTATIVAS. En busca de supercatadores.
MATERIAL
- Colorante alimentario azul
- Papel de cociña
- Algodón
- Lanterna
- Espello
- lupa
PROCEDEMENTO
1. Bota unhas gotas de colorante azul no algodón e pinta a lingua de xeito uniforme
2. Pide a un compañeiro/a que ilumine lingua cunha lanterna, un móbil... verás vultiños de cor rosa, sobresaíndo do fondo azul.
Cada un deses vultiños é unha papila gustativa que contén células receptoras do gusto.
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:
QUE SUCEDE?
1- Cando comes, o alimento triturado mestúrase coa saliva (bolo alimentario) e entra en contacto coas papilas gustativas
2- Estas envían sinais nerviosos polo nervio gustativo ata o cerebro que che di se estás comendo algo saboroso ou non.
P.E. As papilas fungiformes, son sensibles ao sabor amargo. Se tes moitas destas papilas serás moi sensible a este sabor.
1º Experimentos de ciencias- Patricia Barciela. Museo Domus (A Coruña)