3º ciclo

Club de Ciencia

 Esta semana estivemos vendo as células.Para descrubrir a diferencia entre a célula animal e a célula vexetal observámolas a través dos microscopios. Como mostra da c. vexetal empregamos unha cebola. Para a animal, sangre, pel (pero non nosa)...

 

    

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO

UNHA NOVA SESIÓN DO NOSO CLUB DE CIENCIA. ESTA VEZ ESTIVEMOS TRABALLANDO CON FLUÍDOS NON NEWTONIANOS. E ISO QUE É? POIS SON FLUÍDOS QUE NON TEÑEN UNHA VISCOSIDADE DEFINIDA CONSTANTE, SENÓN QUE ESTA ESTÁ EN FUNCIÓN DA TEMPERATURA OU DA TENSIÓN CORTANTE QUE SE LLE APLICA.  CANDO SE GOLPEA UN FLUÍDO NON NEWTONIANO, A FORZA ENTRANTE FAI QUE OS ÁTOMOS DO MESMO SE REORGANICEN E AUMENTEN A SÚA VISCOSIDADE. MESMO PODE CHEGAR A COMPORTARSE TEMPORALMENTE COMO UN SÓLIDO. QUE INTERESANTE!

  

MENSAXE DE PAULA CARBALLEIRA

 

No club de lectura, como todos sabedes, estivemos lendo Pan con chocolate de Paula Carballeira. Cando o estabamos

rematando ocurréusenos poñernos  en contacto con ela para contarlle que nos gustou moito o libro, tanto como a

merenda de pan con chocolate,  que xogamos a inventar binomios, tal e como facía Gianni.  E ela enviounos este vídeo con

moito agarimo.

Moitas grazas Paula, esperamos que nos visites pronto.

 

 

                             

CHARLA SOBRE A REPRODUCIÓN

Onte recibimos unha visita moi especial, Ana Vilar, xinecóloga no Hospital Clínico Universitario de Santiago, veu a

compartir o seu tempo con nós para falarnos da reprodución. Entre ela e a súa filla Carmela, alumna de 6º, resolveron 

todas as dúbidas que tíñamos sobre este tema. A semana anterior colocamos unha caixa para que o alumnado das tres

clases, de sexto, puidese facer anónimamente as preguntas que quería que lle contestasen, en total 49 preguntas. Tamén

puidemos ver e tocar dúas maquetas , unha do aparato reprodutor feminino e outra maqueta simuladora de parto. Foron

dúas horas nas que recibimos boa información dunha maneira moi entretida e amena. Foi un pracer contar contigo.

Moitas grazas ás dúas!

    

XOGOS TRADICIONAIS!!!

Hoxe XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS!!! Que ben o pasamos. Grazas á Asociacion Sociocultural Enredos.

   

   

   

   

PLAN DIRECTOR, ACOSO ESCOLAR

Hoxe, venres, temos con nós a Oscar, o Garda Civil que se achega ao centro para falarlle ao alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, sobre o ACOSO ESCOLAR/ BULLYING. Sempre resultan moi interesantes estas charlas e xurden problemáticas actuais e cercanas.

 

NO DÍA DA MULLER VISITANOS VERÓNICA PENA DE FISIOSAÚDE SIGÜEIRO

Hoxe, Verónica Pena, de Fisiosaúde Sigüeiro, achegouse ao noso CEIP para colaborar coa súa filla

Nadia na exposición do traballo “O corpo humano” . Dounos unhas pequenas notas de como coidar o

noso corpo, do importante que é a hixiene postural, ter unha boa alimentación e facer exercicio. E

por suposto que é moi importante escoitar ao noso corpo, se algo nos doe é que algo non vai ben.

Como veredes nas fotos houbo moitos voluntarios e voluntarias. Aprendemos moito e pasámolo 

xenial! Gracias Verónica!

 

    

    

    

5º SESIÓN CLUB DE LECTURA

 

O pasado venres tivemos a 5º sesión do club de lectura, coa que rematamos o libro Pan con chocolate de Paula Carballeira. Como estaba bo día, dicidimos saír a ler ao exterior. Aproveitounos moito a lectura e o sol. Recreos saudables e divertidos.

  

 

 

Club de Ciencia

Hoxe no club estivemos un ratiño empregando as gafas 3D que fixemos.

     

 

Despois estivemos con ilusións ópticas e aínda que a algúns nos costou máis identificar a realidade... estivo realmente ben.