Música

Martina, Asier e Mauro disfrutan da cultura galega en familia

Martina, Asier e Mauro tráennos propostas moi divertidas en galego...atendede!

Cova disfruta coa cultura popular

Cova convídanos a bailar e tocar en galego...que marabilla!

Lía Enríquez canta en galego

Lía Enríquez cántanos unha canción moi coñecida...a ver se vos dades conta...

Andrés e o baile galego

Andrés comparte con nós o seu gusto polo baile tradicional. Mirade que danza máis bonita!

Aloia e o seu teclado

Aloia ensínanos como soa o seu teclado. Atentxs!

Tarefas música para a semana do 11 ao 15 de Maio "Especial letras galegas"

Boas, rapazas e rapaces do CEIP Ramón de Valenzuela! Nesta semana, na que celebramos o Día das Letras Galegas, convídovxs a ver unha serie de vídeos musicais moi divertidos que están relacionados coa vida do autor homenaxeado no 2020. Trátase do escritor Ricardo Carvalho Calero.

 

 

 

 

  

 

Para xs máis cativxs de Infantil, deixovos o conto “As pitas baixo a choiva”  deste autor, da editorial Embora.

XS que poidan lelo, adiante! E xs que non, pedídelle a alguén da familia...

Nel poderedes atopar cancións relacionadas coa trama do mesmo e uns recursos en pdf (Infantil e Primaria)para debuxar e escribir nos vosos fogares de forma voluntaria.

 

 

Ao contrario das días anteriores, nesta semana, propóñovxs a todo o colexio 3 retos musicais en torno á cultura.

  • Cantigas galegas: Podedes cantar calquer peza ou refrán que saibades ou que recollades nas vosas casas. Tamén existe a opción de cantar un poema de Carvalho Calero (que podedes atopar nos diferentes recursos do apartado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do blog). Neste caso, deixovos un exemplo dunha das vosas compañeiras... (xs máis atrevidos poden cantar e tocar á vez!!!)

 

 

 

 

  • Música en galego: Podedes enviar calquer canción tocada con calquer instrumento (frauta, instrumentos caseiros, instrumentos tradicionais, instrumentos clásicos...). Existen moitas como a “Saia da Carolina”, “Rianxeira”, etc”)

 

  • Bailes tradicionais: Podedes bailar calquer tipo de danza galega (muiñeira, xota, pasodobre...), aínda que tamén pode ser boa idea inventar os pasos para algunha peza tradicional.

Neste caso, convídovxs a ver a unha das vosas compañeiras...

 

Xs que queirades participar, tamén tendes a posibilidade de caracterizarvxs coa indumentaria tradicional galega.

Teredes que enviarme o voso vídeo ao email blancarepresas@gmail.com e colgaranse, nas vindeiras semanas, no blog do centro.

 

Animádevxs e disfrutade da MÚSICA en GALEGO!!!

 

 

Lía Enríquez e o seu instrumento

Lía ensínanos a súa zampoña!

Xabi creador de instrumentos

Xabi explícanos como crear, nada máis e nada menos que...unha TROMPA. Animádevos a velo!

Lía García constructora de instrumentos

Lía García ensínanos como fai o seu pau de choiva. Atendede!

Marco creador de instrumentos

Marco ensínanos como facer unha maraca. Mirade que bonita lle saiu!!!

Powered by Drupal - Design by artinet