Música

Tarefas 3º Primaria do 20 ao 24 de Abril

Boas! Esta semana, como imos celebrar o Día do Libro (xoves 23 de abril) pois traballaremos os contos e maila música.

 

Para comezar, ides ver o conto de “Rata Linda” da narradora Merchi Pimentel con música do cuarteto Caramuxo.

Estede moi atentxs porque vouvos deixar un formulario cunhas pequenas preguntiñas sobre o mesmo.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSczaHjnVis598cNKORjoK3faonSNlq1FktojsgPl3Q-InyvQQ/viewform?usp=sf_link (formulario preguntas)

 

E para rematar, convídovos a que seades directores de cine e creedes vós mesmos un conto musicado:

-Primeiramente escribide unha historia ou collede un relato curto que vos guste

-Inventádelle sons ou procurade facerlle algunha melodía cos instrumentos ou aparellos que teñades pola casa

-Gravádeo e mandádemo ao meu email (se pode ser en formato mp4 moito mellor)

-Que non exceda de 3-4 minutos

 

As vosas aportacións serán publicadas na web

 

Ánimo e disfrutade moito da MÚSICA!

 

Email: blancarepresas@edu.xunta.es

 

Tarefas 2º Primaria do 20 ao 24 de Abril

Boas! Nesta semana imos traballar a música relacionada cos contos e cos libros. Como saberedes, o xoves 23 de abril, celebraremos o “Día do Libro” e para elo vouvos deixar un conto que recitou Merchi Pimentel acompañada do Cuarteto Caramuxo.

 

Estede moi atentxs porque vouvos deixar un formulario cunhas pequenas preguntiñas sobre o mesmo.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSczaHjnVis598cNKORjoK3faonSNlq1FktojsgPl3Q-InyvQQ/viewform?usp=sf_link (formulario preguntas)

 

Finalmente, imos rematar cun exercicio de ritmos para recordalos. Estade atentxs porque había uns que eran máis longos e outros máis curtos. E tamén esperade polos silencios shhhhhh

Ánimo e disfrutade da MÚSICA!

Tarefas 1º Primaria do 20 ao 24 de Abril

Boas! Nesta semana imos escoitar moi atentxs o conto de “Rata Linda de Compostela” na voz de Merchi Pimentel e a música do Cuarteto Caramuxo.

 

Despois pintaremos a nosa ratiña como nos apeteza. Podemos usar cores, lápices, restos de folios, etc. O que se vos ocorra!

 

Finalmente, deixovos un xogo para repasar as notas de MI, FA e SOL no pentagrama.

 

 

 Moito ánimo e disfrutade da MÚSICA!

 

Actividades Infantil do 20 ao 24 de Abril

Boas! Nesta semana de celebración do Día do Libro (23 de Abril) imos xuntar o que máis nos gusta...MÚSICA, CONTOS E CORES!!!

Ímonos converter en grandes ilustradores, ténicxs de son, artistas plásticos, etc.

 Primeiramente imos escoitar un conto musicado dunha vaca moi toooooolllliiiiiiñññaaaaa.

Despois, déixovos unha lámina da nosa vaquiña para que a decoredes con materiais ou cores como máis vos guste. Podedes experimentar con papeis reciclados e pintados, restos de ceras ou calquer cousa que se vos ocorra...

 

A seguinte actividade que vos propoño é a de escoitar esta canción e mandarme unha foto ou un debuxo da profesión que queirades ser nun futuro. Así poderei montar unha historia audiovisual coas vosas achegas.

 

Podédesvos disfrazar para a foto, inventar a vosa careta ou plasmalo nun folio ou cartoliña.

 

Pasádeo moi ben e rodeádevos de contos e Música!

 Email: blancarepresas@edu.xunta.es

Nós somos artisitiñxs

O alumnado de Infantil do CEIP Ramón de Valenzuela fixo instrumentos, con material de refugallo, moi chulos.

Grazas ás familias pola colaboración e MOITO ÁNIMO nesta cuarentena!

 

Tarefas de música para sexto para a semana do 14 ao 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Nesta semana traballaremos unha canción que provén do PERÚ!!!

 

Para elo, imos comezar aprendendo un pouco máis sobre a “Quena” (instrumento tradicional peruano) que de seguro que a vístedes nalgures.

Cantaremosa a canción “La flor de la Cantuta” neste enlace:

 

Seguidamente, escribiremos as notas na partitura da canción, recoñeceremos de forma auditiva os diferentes fragmentos da peza, completaremos os signos musicais da partitura e finalmente TOCARÉMOLA COA NOSA FRAUTA!

Neste último paso, recoméndovos que estudedes con calma as notas graves e posteriormente, lle deades ao PLAY para tocar acompañadxs.

Tarefas de música para quinto durante a semana del 14 ao 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Nesta semana imos ver canto sabedes de música. E para elo deixovos un enlace cun “Pasapalabra Musical”. A ver cantas acertades, eh!

 

Despois, tamén vos deixo un xogo no que ides relacionar as figuras coa súa duración:

 

E finalmente, aquí vos deixo o enlace para que toquede “TUSA” coa frauta doce.

Recordade ben como se facían o do e re agudos que ides repetilos moitas veces...

 

 

Tarefas de música para cuarto na semana do 14 o 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Esta semana imos traballar unha canción que provén de AUSTRALIA!!!

Ao igual que os canguros, imos dar un salto á outra punto do planeta para aprender máis sobre a música tradicional de alí.

Para elo, imos comezar aprendendo un pouco máis sobre o “diyiridú” (instrumento tradicional australiano) e cantando a canción de “Kookaburra” neste enlace:

 


Seguidamente, escribiremos as notas na partitura da canción, recoñeceremos de forma auditiva os diferentes fragmentos da peza, completaremos os signos musicais da partitura e finalmente TOCARÉMOLA COA NOSA FRAUTA!

Neste último paso, recoméndovos que a estudedes con calma e posteriormente, lle deades ao PLAY para tocar acompañadxs.

Aviso que vai bastante RÁPIDO!!!

 

Tarefas de música para terceiro na semana do 14 o 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Esta semana imos comezar repasando os diferentes compases e o valor das figuras e silencios.

Para elo, primeiramente, adxúntovos unha ficha coa explicación dos diferentes compases e a duración de varias figuras e silencios.

Desta maneira, e tendo claro o anterior, poderedes facer as dúas fichas sobre esta cuestión musical.

Nunha teredes que completar o compás da percusión, coas diferentes figuras e silencios que sabedes (fixádevos no compás do principio). E na outra, deberedes colocar as líneas divisorias para separar os compases do pentagrama.

 

Para que experimentedes un pouco sobre o ritmo, aquí vos deixo un enlace no que podedes traballar ritmos percusivos cunhas personaxes moi divertidas (tedes ata 4 individuos diferentes!!!).

Colocade e sacade sons como vos apeteza e creade AS VOSAS PROPIAS PEZAS!!!

 

Finalmente, deixovos este xogo interactivo para que repasedes as familias de instrumentos:

 

 

Tarefas de música de segundo da semana do 14 ao 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Nesta semana imos xogar cos ritmose coas cores. Preguntarédesvos o que vos estou pedindo pero é moi divertido. Xa veredes.

Primeiramente collede catro folios, pos-it, cartoliñas de cores (se non tedes, podedes pintar vos 4 cadrados).

As cores van ser: vermella, amarela, verde e azul. Poñédelas nesa orde enriba da mesa e de esquerda a dereita.

Antes de comezar co exercicio, imos visualizar como se fai, no seguinte vídeo

  (vídeo explicativo do exercicio)

 

Despois de ver o vídeo anterior, ides practicar vós na casa e repetir o ritmo que vos fan no seguinte vídeo:

(vídeo exercicio musical)

 

Acordádevos de prestar atención e de ver ben o que fai a vosa compañeira virtual primeiramente...despois dela, será o vos turno. Ánimo!

 

Repasamos os ritmos de negra, corcheas e silencio de negra no seguinte xogo interactivo:

 

 

Recordade que hai dous pulsos no compás e se non soa nada, seguramente, teremos que por o silencio...Veña, darlle click ao altavoz e repetide o xogo varias veces e a ver cantos ritmos acertades.

 

Seguimos coas notas musicais e para elo, deixovos unha ficha moi sinxela para que as traballedes e saibades ben en que parte do pentagrama se colocan. (Descarga o ARCHIVO adxunto)

  

Finalmente, acabamos cun baile no que movemos todo o corpo e vos vai gustar moito. Xa veredes!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet