Música

Sara creadora de instrumentos

Sara ensínanxs a facer unha maraca. Mirade que sinxelo e divertido!

Tarefas 6º Primaria do 4 ao 8 de Maio

Boas! Esta semana comezaremos cunha partitura para frauta doce que de seguro que vos soa de tela escoitado na aula...xa veredes!

 

Para rematar, deixovos un enlace onde poderedes disfrutar das vosas propias creacións coma Djs. Nada máis e nada menos!

 Ánimo e disfrutade da Música!

Tarefas 5º Primaria do 4 ao 8 de Maio

Boas! Esta semana comezaremos cunha peza para frauta doce e acompañamento musical.

 

Para rematar, invítovos a realizar estes ritmos corporales. Estade atentxs!

 

 

 

Ánimo e disfrutade da Música!

Tarefas 4º Primaria do 4 ao 8 de Maio

Boas! Esta semana invítovos a que toquedes esta peza musical para frauta doce que vos adxunto na web.

De seguro que a coñecedes...

 

Para rematar, preparade dous vasos. Que sexan de plástico porque non vaia ser que rompan...E animádevos a facer este xogo musical tan divertido.

 

 

 

Ánimo e disfrutade da Música!

Tarefas 3º Primaria do 4 ao 8 Maio

Boas! Esta semana comezaremos cunha peza de frauta doce. Repasade as notas con calma e intentade tocala co vídeo para que poidades escoitar o acompañamento de fondo.

 

Por último, deixovos unhas percusións corporais para que poñades o corpo en marcha

 

Ánimo e disfrutade da Música!

 

Tarefas 2º Primaria do 4 ao 8 de Maio

Boas! Esta semana comezaremos coa peza de frauta doce que aquí vos deixo. Soamente ten as notas SI e LA.

 

 

Finalmente, deixovos este vídeo para que disfrutedes do voso bombo caseiro.

 

Ánimo e disfrutade da Música!

Tarefas 1º Primaria do 4 ao 8 de Maio

Boas! Esta semana, convídovos a que sexades constructores de instrumentos. Estade moi atentos ao vídeo porque de seguro que coñecedes á persoa que vos vai ensinar a facer o primeiro...

 

Se vos animades a inventar un e gravalo, deixovos o meu email para colgalo despois na web: blancarepresas@gmail.com

 

Para finalizar, tedes unha coreografía para por en marcha ese corpo.

 

 

 

Ánimo e disfrutade da Música!

Tarefas Infantil do 4 ao 8 de Maio

Boas! Nesta semana, limpade ben as orellas que imos discriminar os sons que nos rodean.

Para levar isto a cabo, vámonos convertir en detectives e descubriremos o roubo dun zoo a través da escoita activa.

 

Se tedes unha tiza na casa imos facer un xogo musical no chan para por en marcha o noso corpo.

 

 

 

E para finalizar, deixovos unha canción na que usaredes as mans, os dedos e partes do voso corpo.

 

Ánimo e disfrutade da Música!

Que vou ser...

O alumnado de Infantil infórmanos do que van ser de maiores...moi atentxs!

Tarefas 6º Primaria do 27 ao 30 de Abril

Boas! Esta semana imos distinguir os diferentes instrumentos a partires dun videoclip moi marchoso. Me imaxino que coñeceredes a unha delas...porque estivemos aprendendo sobre ela na exposición das “Nosas Rosalías” que había na entrada do colexio.

 

 

 

Unha vez que o teñades visto, vouvos facer unha serie de preguntas que teredes que completar no seguinte formulario online.

 

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeRxS9Qqr7MWp6xx1e1tK6Wyg6WEqSXbm1A5CrsWpLVmBzGkA/viewform?usp=sf_link (formulario)

 

Este formulario SÓ O PODEDES FACER UNHA VEZ. Asi que repasade ben e tomade o tempo que precisedes, antes de enviarmo.

 

Finalmente, deixovos unha sopa de letras de instrumentos. A ver se os atopades todos

 

Powered by Drupal - Design by artinet