Música

Tarefas de primeiro para a semana do 14 o 18 de Abril

 

Boas rapazas e rapaces! Esta semana imos recordar o RITMO. Para elo, deixovos un enlace onde podes repetir os TA e TI-TI (negras e corcheas) coas vosas mans ou calquer instrumento que teñades a man. Veña!

Se non vos sae moi ben, podedes repetilo tantas veces coma vos sexa posible. Incluso, se vos sae, podedes facer as negras (TA) cunha palmada e as corcheas (TI-TI) cun instrumento/parte diferente do corpo ou viceversa.

 

 Despois imos recordar as diferentes familias de instrumentos. Para elo, convídovos ao taller dun mago que vos vai axudar.

 

 (xogo familia instrumentos)

 

Finalizamos co rock da BANDA DE MÚSICA BANDEIRA! Para que cantedes, acompañedes e saltedes co tema “A Música Segue”.

Veña!Que non decaía a festa nos vosos fogares!!!

 

Tarefas infantil do 14 ao 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Aquí vos deixo unha canción suuuuuupperrrrrr molona para que toquedes cos instrumentos que me mandástedes en semanas anteriores.

Fixérona, nada máis e nada menos, que a BANDA DE MÚSICA DE BANDEIRA!!! GUAU!!!

Elxs tamén fican na casa coma vós, pero A MÚSICA SEGUE!. Pasan o día amenizando os fogare, asíque vós, tamén vos podedes unir á festa.

O seu rock serve para que acompañedes, cantedes, saltedes...e de seguro que ides atopar moitas caras coñecidas. Fixádevos ben....poñede moito ollo! Jajajaj

 

 

 

Despois imos xogar cos sons graves e agudos.  A ver que se conseguides dominar a varita máxica da música! Ánimo!

#EuQuedoNaCasa

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa sabedes que a profe Blanca lanzou un reto. "Facer un molinete" tinguindo as nosas casas de azul. Era un xeito de amosar o noso apoio aos nenos e nenas con autismo que tamén teñen que quedar na casa, pese a todas as dificultades que implica.
Nós, todos os profes e os que formamos parte da familia do cole, tamén quixemos sumarnos a este reto pero pensando tamén en vós e no moito que vos botamos de menos.
Agardamos que este vídeo vos guste moito. Foi feito con todo o noso cariño e admiración a vós, os nosos nenos e nenas, que sabedes adaptarvos a todas as situacións.
Seguide a mensaxe do "Día Mundial do Autismo"

PODO APRENDER, PODO TRABALLAR.
Parabéns a todos polo voso esforzo


#EuQuedoNaCasa

 

Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil e Día Mundial do Autismo

 

Neste 2 de Abril do 2020, o CEIP Ramón de Valenzuela convídavxs a celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Autismo a través dunha recomendación músico literaria.

Animádevxs a subir ao tren festeiro  da familia María Fumaça. E xa veredes que co “Aire” que desprenden, levaremos moito mellor o confinamento.

Axudarannos a comprender a necesidade de moitxs nenxs autistas que precisan sair á rúa para poder avanzar no seu desenvolvemento diario nesta situación tan diferente.

Para elo, xa que non podedes asistir á biblioteca para disfrutar do libro físico, deixámosvos os enlaces das súas cancións:

 

·         https://www.youtube.com/watch?v=l8oikT8l-Vc (Aire)

·         https://www.youtube.com/watch?v=Sa7OVtZi5ik (Ven Comigo)

·         https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE (A horta da Balbina)

·         https://www.youtube.com/watch?v=qwPZK8Ku_7o (O meu barco)

·         https://www.youtube.com/watch?v=YCyuC6YD3JI (Suite en Rui Maior)

·         https://www.youtube.com/watch?v=E7IZMSJ_xVo (Rocanrol)

·         https://www.youtube.com/watch?v=7L0814SI1rk (Dona Matilica)

·         https://www.youtube.com/watch?v=y3c1MVNdzs4 (Son Malote)

·         https://www.youtube.com/watch?v=1IIS8GNVA40 (Pedro Chosco)

·         https://www.youtube.com/watch?v=YHCDwui31P0 (Apertando)

·         https://www.youtube.com/watch?v=8BUeziidZyg (Como ti queiras)

·         https://www.youtube.com/watch?v=MZbGPyBNlaA (Os sentidiños)

·         https://www.youtube.com/watch?v=vac7MtWQWbs (Neno Caníbal)

·         https://www.youtube.com/watch?v=z2Hf8NmMkWI (Just you and me)

·         https://www.youtube.com/watch?v=K0znGtbO2fc (Canción da Marioneta)

·         https://www.youtube.com/watch?v=gLaRQzhpknI (Gústame Xogar)

·         https://www.youtube.com/watch?v=UCcwYtvIKGo (Zapato no pé)

·         https://www.youtube.com/watch?v=FjtjFYOuKpw (Máquina do amor)

Cando remate este confinamento, animádevos a compralo ou a desfrutar del na biblioteca porque trae moitas marabillas visuais e inclusive, un DVD KARAOKE!!!

 

Finalmente, baseándonos na materia de plástica, propoñémosvos unha GRAN IDEA.Collede papel e debuxade no mesmo coa cor AZUL o que vos apeteza. Tamén podedes recortar pedaciños de papeis para crear un collage ou tirar de folios de cores.

Animádevos a fabricalo e a conmemorareste día para tinguir de AZUL tódalas fachadas!

 

 

 

Tarefas de música de 6º de primaria

Boas rapaces! Comezaremos esta semana cunha canción folk para que disfrutedes de tocar a vosa frauta doce. Ollo que ten una introducción instrumental, partes lentas e partes rápidas!

 

Para seguir repasando nocións musicais a través de xogos, aquí vos deixo este enlace interactivo para que vexades canto sabedes

 

 

Finalmente, disfrutade deste xogo interactivo para ver se estades atentos aos instrumentos de vento.

 

Ánimo e recordade que a MÚSICA acompáñanos en tódalas facetas da vida!

 

Tarefas música 5º de primaria

 

Boas rapaces! Imos comezar a semana movendo o noso corpo ao ritmo de “We Will Rock You” de Queen.

 

 (Fai clic e accede a canción corporal)

 

E para rematar, preparade as vosas frautas doces porque imos viaxar ao Brasil da man de “Samba de Redona”.

 

 (Samba de Redona)

Tarefas música 4º primaria

Boas rapaces! Preparade dous paus, dúas varillas ou as vosas mans porque imos aprender uns ritmos moi divertidos nos que imos mover toooooodooooo o corpo!

 

 (Fai clic e accede a peza dos paus danzantes)

 

Preparade as frautas doces porque imos tocar nada máis e nada menos ca un Rock and Roll.

Fixádevos ben na partitura porque só leva dúas notas (si e la). Moito ánimo!

 

 (rock and roll frauta)

 

 

 

Tarefas música 3º de primaria

Boas rapaces! Como sei que vos gusta moito a música marchosa imos coller un cubo e dous paus porque imos tocar uns ritmos mooooiiiii modernos.

Aquí vos deixo o enlace e a ver quen é capaz de conseguilo! ÁNIMO!

 (Fai clic na imaxe para acceder a peza ritmos modernos)

 

Recordade que tendes que alternar o golpeo das dúas mans. Primero unha e despois a outra. Veña que de seguro que o conseguides!!!

Unha recomendación. Se vos é moi difícil, simplemente acompañade golpeando o pulso no cubo.

Para rematar, collede a frauta doce que imos trasladarnos a Brasil para tocar unha peza de tradición de alí con tan só 3 notas (si, la e sol).

(Fai clic na imaxe accede a canción Brasileira)

 

Tarefas música 2º primaria

Boas rapaces! Nesta semana disfrutar a través dos sons que podemos facer con oso corpo.

No seguinte enlace tendes a canción. Fixádevos ben na parte do corpo coa que ides acompañar.

 (canción percusión corporal)

 

 Finalmente, para rematar a sesión imos tocar unha peza que nos axuda a descansar. É moi divertida e conta soamente con 3 NOTAS!!!

 (Fai clic na imaxe para acceder a canción)

 

Recoméndovos que comecedes paso a paso, vendo ben as notas. E despois, intentédela tocar enteira.

Se tendes algunha dúbida sobre as posicións da frauta, deixovos un enlace interactivo que volo deixa moi clariño.

 (fai clic para acceder os contidos das notas frauta)

 

Moito ánimo e disfrutade da MÚSICA!

Tarefas música 1º de Primaria

Boas rapaces! Imos comezar a sesión desta semana collendo un folio, se o diseñades vós, mellor ca mellor senón pois  tamén podedes coller un de cores.

O importante é que non se rompa e non se engurre moito porque vai ser O NOSO INSTRUMENTO!

Aquí vos deixo unha canción para que o comprobedes vxs mesmxs.

 (canción do folio)

 

Estade moi atentxs que tamén imos mover o corpo cara arriba, cara abaixo, cara adiante e cara ATRÁÁÁÁÁÁSSSSSSS!

Para rematar, limpade ben os oídos que imos ver se estades atentos ao que sona a ovoso arredor.

Deixovos un xogo de discriminación auditiva sobre os sons dos animais e da cidade

  (xogo de sons)

 

Powered by Drupal - Design by artinet