Música

Tarefas Música para Infantil

 Esta semana imos indagar no nos corpo como instrumento. SI, SI...escoitástedes ben. O nos corpo pode ser un instrumento FENOMENAL!!!

Para elo, comezamos coa canción “ACÁ TÁ” para que busquedes ben onde tendes os pés, as mans, a nariz ou a lingua.

Mirádevos ben no espello non vaia ser que perdades algunha parte do corpo polo camiño....jejejejej

Para xs máis profesionais podedes acompañar con baquetas, os instrumentos que fixemos a semana pasada, con palillos de brocheta, varillas, etc

(Fai Clic na imaxe para acceder a canción)

 

Agora imos mover ben o corpo con esta canción:

  

(canción do corpo)

 

Finalmente, podedes acompáñalo con palmas, golpes cos pés ou palmadas nas pernas que é moi divertido facer MÚSICA CO CORPO!!!

 

Traballo música 6º de Primaria

Boas rapaces! Como tendes bastante material de linguaxe musical para repasar, que vos enviei a semana pasada; nesta semana, convídovos a mover o esquelete a ritmo de Mambo e descubrir as notas a través do piano a partires dun xogo interactivo.

Neste último, creo que vós xa poderedes comezar a partires do nivel de 5-6 notas ehhhh... Pinchade no enlace!

E se queredes saber máis sobre o Mambo, aquí tendes máis información.

Se cadra, despois desta cuarentena, igual sale alguén que nos sorpende cuas súas dotes dancísticas!

Ánimo a todxs e recordade que a MÚSICA é diversión e cura tódolos males!

 

 

https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html (xogo interactivo)

 

http://www.losbailesdesalon.com/social/mambo.html (Historia do Mambo)

 

https://www.youtube.com/watch?v=z_Sv7IQwBGo (Baile)

 

 

Traballo música 5º de Primaria

Boas rapaces! Nesta semana convídovos a traballar unha canción do Xapón. Viaxaremos ao País do Sol Nacente a través da súa música tradicional. Traballaremos esta peza cantando, de forma auditiva, descubrindo as súas notas, colocando os símbolos no pentagrama e etc etc etc.

 

Pinchade no seguinte enlace e divertídevos aprendendo música e recordando cousas que xa sabemos!

 

https://aprendomusica.com/swf/sakura.htm (enlace ao xogo interactivo)

 

Traballo Música 4º de Primaria

  Boas rapaces! Como sei que xa se vos dá bastante ben tocar a frauta doce, convídovos a que nesta semana intentedes saber que notas soan a través do piano interactivo e tamén as descubrades nun xogo de relacionar parellas.

Recoméndovos que no xogo interactivo do piano comecedes polo nivel de “Ler “ e logo, vaiades experimentando co resto para ir mellorando con máis dificultades.

Ánimo e disfrutade da MÚSICA!!!

https://aprendomusica.com/const2/27aprendonotas8/aprendonotas8.html (xogo interactivo piano)

https://aprendomusica.com/const2/32memorynotas1/memorynotas1.html (xogo emparellar notas)

 

 

 

Traballo Música 3º Primaria

Boas alumnxs!!! Esta semana repasarémolos ritmos a través duns xogos interactivos. Nel recordaredes as negras (ta) e o seu silencio (shhh) e os pares de corcheas (ti-ti).

Afinade ben ese oído que de seguro que o faredes moi ben!

Para rematar a xornada, convídovos a bailar un pouquiño e mover ese esquelete ao ritmo de cancións primaverais.

Ánimo e disfrutade da MÚSICA!!!

 

https://aprendomusica.com/const2/30dictadoritmico1/dictadoritmico1.html (xogo interactivo ritmos)

https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html (xogo interactivo)

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=G74_o_43_RQ&list=PLxB-Hki9UfyI8yJauyNPVYvTiUM-sslwD&index=4 (baile just dance Happy)

Traballo Música 2º de Primaria

   Boas! Nesta semana convídovxs a que fagades o voso instrumento de percusión con material de refugallo que teñades na casa. Como por exemplo, un tambor.

Isto vainos servir para traballar os diferentes ritmos no xogo interactivo que vos deixo a continuación.

Finalmente, como sei que vos gustan moito os pasatempos, disfrutaredes dun ratiño ameno buscando as diferentes palabras nas distintas sopas de letras.

 

Moito ánimo e disfrutade da MÚSICA!!!

 

https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html (xogo interactivo)

http://www.clubpequeslectores.com/2015/06/manualidad-instrumentos-musicales-caseros.html (Guía para instrumentos musicais. O tambor é o número 6)

 

 

Traballo Música 1º de Primaria

Boas rapacxs! Aquí vos deixo este xogo tan chulo para que sigades traballando as notas musicais de forma visual e auditiva a través dun PIANO! Nada máis e nada menos!

Recoméndovos que comecedes polo nivel sinxelo (a partires de 3 notas e de forma visual) e que pouco a pouco vaiades practicando con máis notas e finalmente podedes facelo de forma auditiva (seleccionade a orella ao comezo do xogo).

 

Se non tedes claro o lugar que ocupa cada son no pentagrama, recordade a lámina que vos enviei a semana pasada onde aparecían todos no seu lugar.

Ánimo e ocupade estes ratos con MÚSICA! Deixovos unhas coreografías para que movades o esquelete de forma divertida!

 

https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html (xogo interactivo “Atrapa las notas”)

 

https://www.youtube.com/watch?v=G923_rJIPHg (coreografías)

 

Traballo de música para Infantil

Nesta semana arrancamos coa canción da casiña das notas musicais. Recordade que a nosa vivenda musical ten 5 pisos e a Clave de Sol é a que manda a que unha ao seu lugar.

 

https://www.youtube.com/watch?v=nrqWzhb6Fdw (canción)

 

Como todxs somos artistiños/as, convídovos a que fagades un instrumento musical co material de refugallo que teñades na casa.

Podedes acompañar as cancións que sabemos ou ensinarme outras novas. E para elo, deixovos unha guía para a construcción dos mesmos e o meu email para recibir as vosas creacións a través de vídeos, fotos, debuxos, etc.

Unha vez recibidas, colgaranse no blog para que todxs poidamos velas!

 

https://instrumentosmusicales10.net/caseros-para-ninos (guía instrumentos musicales)

 

https://www.serpadres.es/1-2-anos/ocio/fotos/manualidades-para-hacer-instrumentos-musicales-caseros/latas-de-nesquik-convertidas-en-instrumento-musical (guía instrumentos musicales 2)

 

blancarepresas@edu.xunta.es (email)

 

Ánimo e espero as vosas invencións para encher este momento de MÚSICA!!!

Música 6º de Primaria

Boas rapaces! Aquí vos vai un dossier de fichas con todo o traballado neste curso e o repaso doutras cousas esenciais para poder entender diferentes parámetros musicais.

Animádevos a facer algunha pouco a pouco e despois rematade a xornada cun pouco de frauta doce. Para elo deixovos un enlace dunha canción preciosa (Over de Rainbow) que podedes tocar co acompñamento. E a outra partitura adxunta é para traballar as notas dadas na clase. Pensade no seu ritmo e na duración dos pulsos das diferentes figuras!!! Ánimo!
 
 

Música 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria pode repasar o nome das notas musicais e o valor das figuras na seguinte lámina que podedes atopar nesta páxina.

Como sei que tendes bo oído, intentade facer a serie de ritmos interactivos a través do xogo. Deixovos o enlace!

Tamén podedes recordar a vosa sabedoría sobre Música a través do trivial musical de Musizón.

E para rematar a xornada, invítovos a que toquedes na vosa frauta doce estas canción tan divertidas que levan acompañamento!!!
PD: Aquí vos queda un enlace dunha páxina web onde podedes revisar a posición dos dedos para tocar as notas

https://aprendomusica.com/const2/posicionesFlauta/posicionesflauta.html

https://aprendomusica.com/const2/17ritmo4compases1/ritmo4compases1.html (xogo interactivo ritmos)
https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca (trivial musical de Musizón)
https://www.youtube.com/watch?v=VOKcBBLFhqo&feature=emb_rel_end (canción do lume)

https://youtu.be/qYzeokIavZI (canción 10 con poucas notas)

 

Powered by Drupal - Design by artinet