Tarefas música para a semana do 11 ao 15 de Maio "Especial letras galegas"

Boas, rapazas e rapaces do CEIP Ramón de Valenzuela! Nesta semana, na que celebramos o Día das Letras Galegas, convídovxs a ver unha serie de vídeos musicais moi divertidos que están relacionados coa vida do autor homenaxeado no 2020. Trátase do escritor Ricardo Carvalho Calero.

 

 

 

 

  

 

Para xs máis cativxs de Infantil, deixovos o conto “As pitas baixo a choiva”  deste autor, da editorial Embora.

XS que poidan lelo, adiante! E xs que non, pedídelle a alguén da familia...

Nel poderedes atopar cancións relacionadas coa trama do mesmo e uns recursos en pdf (Infantil e Primaria)para debuxar e escribir nos vosos fogares de forma voluntaria.

 

 

Ao contrario das días anteriores, nesta semana, propóñovxs a todo o colexio 3 retos musicais en torno á cultura.

  • Cantigas galegas: Podedes cantar calquer peza ou refrán que saibades ou que recollades nas vosas casas. Tamén existe a opción de cantar un poema de Carvalho Calero (que podedes atopar nos diferentes recursos do apartado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do blog). Neste caso, deixovos un exemplo dunha das vosas compañeiras... (xs máis atrevidos poden cantar e tocar á vez!!!)

 

 

 

 

  • Música en galego: Podedes enviar calquer canción tocada con calquer instrumento (frauta, instrumentos caseiros, instrumentos tradicionais, instrumentos clásicos...). Existen moitas como a “Saia da Carolina”, “Rianxeira”, etc”)

 

  • Bailes tradicionais: Podedes bailar calquer tipo de danza galega (muiñeira, xota, pasodobre...), aínda que tamén pode ser boa idea inventar os pasos para algunha peza tradicional.

Neste caso, convídovxs a ver a unha das vosas compañeiras...

 

Xs que queirades participar, tamén tendes a posibilidade de caracterizarvxs coa indumentaria tradicional galega.

Teredes que enviarme o voso vídeo ao email blancarepresas@gmail.com e colgaranse, nas vindeiras semanas, no blog do centro.

 

Animádevxs e disfrutade da MÚSICA en GALEGO!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet