CEIP Ramón de Valenzuela

Menu comedor mes de novembro

Pulseiras Terroríficas

Este ano o alumnado de Educación Infantil  realizou unha pequena manualidade para conmemorar a festividade do Samaín. Preme no video e non te perdas o bo traballo que fixeron!!!.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado sábado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón", porque como ben sabemos a Biblioteca é unha porta á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera circunstancia... polo que:

Despois de tanto tempo de corentena..., vacacións... e portas pechadas...

A BIBLIOTECA ABRIU AS SÚAS PORTAS!!

Polo momento temos moitas normas e grupos reducidos, pero iremos buscando o xeito de abrila pouco a pouco a toda a comunidade. Mentres dende a páxina do cole e o Blog iremos poñéndovos ao tanto de todas as novas.

Ollade o vídeo que fixeron os axudantes da Biblioteca de 6º para ensinar as normas ao seus compañeiros.

 

Día non lectivo

Lembrámosvos que o vindeiro luns, día 2 de novembro, é o día non lectivo solicitado polo centro, polo que non haberá clases. Desexámosvos un bo descanso!!!

Samaín 2020

Nota informativa

Dende o centro queremos comunicar que se prohíbe o uso de xel hidroalcohólico individualizado, xa que todos os espazos contan con xel hidróalcohólico suministrado e supervisado polo persoal do noso centro. Polo tanto, pregamos que non lle manden aos nenos/as botes individuais de solución hidroalcohólica xa que se atoparían fóra do noso control.

Moitas grazas!!!

Mini eco punto limpo

Dende o luns día 19 ata o 31 de outubro, teremos no noso centro  o Mini eco punto limpo do programa #ESTRAAE que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra, con tres depósitos para dispositivos móbiles (teléfonos e tablets), cargadores e pilas. Todas as familas que queirán colaborar en materia medioambiental poderán mandar polos seus fillos todos aqueles útiles que queiran reciclar! A vosa colaboración e imprescindible para coidar o noso entorno. Animádevos!!!

(Foto do Mini eco punto limpo situado no hall do noso centro)

 

Radio na biblio emite...dende a casa

Hoxe queremos dar a coñecer a experiencia dun bo número de bibliotecas vinculadas ao programa "Radio na biblio" que durante o período de cese da actividade presencial nos centros durante a primavera de 2020, por mor da COVID-19, puxo de manifesto as posibilidades desta ferramenta para desenvolver actividades educativas a distancia, con capacidade para vincular ao alumnado ao ámbito educativo e para conectar á comunidade escolar arredor dunha proposta temática. A radio foi unha ferramenta pedagóxica de gran alcance capaz de xerar unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos, de difusión de produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado. A situación vivida facilitou, a través do programa, a educación para a competencia en información e medios tanto para o alumnado como para as súas familias.

A Radio na biblio transformouse no espazo de encontro da comunidade educativa, o lugar no que escoitarse, no que poñer en común o traballo feito na casa, no que falar ...

De entre todas as marabillosas experiencias deste periodo, oito foron seleccionadas onde se encontra a radio do noso centro "RADIO GARABULLO" e que ofrecen unha variedade de recursos e propostas do que se pode facer en tempos complexos, mesmo poñer en marcha a emisora.

(Preme na foto para acceder o contido do tríptico)

Os Bolechas chaman o 112

Braulio Bolechas estivo este martes co alumnado de terceiro de Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela coa nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.

 

 

A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, Braulio explicou cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso.

 

Os nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. 

Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico recibido ao final da actividade.

 

 

Melloras na entrada do colexio

Hoxe estamos de estrea no colexio. O pasado venres, o Concello de Silleda mellorou o acceso de entrada utilizado habitualmente polos autobuses escolares cada mañá, e que estaba a ocasionar dificultades á hora de manobrar pola choiva ao ser  de terra o camiño de entrada.

 

(Foto do pasado venres, día no que se levou acabo o acondicinamento da  pista de entrada)

 (Foto desta mañá onde se pode ver un bus escolar utilizando a nova pista)

Powered by Drupal - Design by artinet