CEIP Ramón de Valenzuela

Menú comedor mes de Outubro

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020-21

 

CALENDARIO DO CURSO: de acordo coa normativa oficial publicada na Orde do25 de xuño de 2020 pola Consellería

de Educación (DOG, xoves 09 de xullo de 2020):

 

  • CURSO ESCOLAR: do 10/09/20 ao 22/06/21.

 

  • VACACIÓNS DE NADAL: 23/12/20 ao 07/01/21, ambos inclusive.

 

  • ENTROIDO: 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

 

  • VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: do 29/03/21 ao 05/04/21, ambos inclusive.

 

  • DÍA DO ENSINO: non lectivo a efectos académicos: 7 de decembro de 2020.

 

Desinfección dos exteriores do centro

Os luns e os xoves de cada semana, o tractor do Concello de Silleda accede as instalacións do noso centro para proceder a desinfección das zonas exteriores do mesmo.

 

 

Agasallo de Arlit e Concello

 A empresa Arlit Deseño e Impresión, con sede no polígono Área 33 de Silleda, continúa mostrando a súa vertente máis solidaria nestes tempos de pandemia. Se no seu momento doou pantallas protectoras a distintos colectivos e concellos da zona, onte entregou a representantes municipais de Deza e Tabeirós-Terra de Montes case 6.000 fundas personalizables para máscaras cirúrxicas. 

Estes agasallos foron entregados onte por representantes do noso Concello a modo de agasallo xunto cun lote máscaras para o noso alumnado doados polo Concello de Silleda.  Esta boa iniciativa a disfrutarán os 2.700 alumnos de Primaria matriculados este ano nos colexios das comarcas.

Arranxos no colexio

Hoxe realizouse unha nova obra no colexio. Os operarios do Concello instalaron na entrada do pavillón unha tubaxe para a canalización da auga que vén do pavillón que provocaba unha gran acumulación de auga na entrada do mesmo.

Con esta obra o Concello soluciona o problema do novo acceso do alumnado do centro, dotando dun espazo máis seguro e seco.

 

 

Volvamos á escola con sentidiño

O Ceip Ramón de Valenzuela na prensa de hoxe

Pincha na foto e accede o contido da Voz de Galicia 

Comezo curso 2020-21

Menú escolar mes de Setembro

Preparados, listos...XA

Powered by Drupal - Design by artinet