CEIP Ramón de Valenzuela

Información para todo a alumnado

Na nosa web, poderás acceder e descargar os contidos e tarefas facilitados por cada un dos mestres do noso Centro.

 

COMO ACCEDER A INFORMACIÓN

Na marxe dereita da nosa web preme no a partado Así traballamos

 

Preme no curso ou na especialidade para acceder a toda información

 

 Ou accede o material complementario que se oferta dende o Departamento de orientación

  

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

Infórmase de que o CONCELLO DE SILLEDA ten en marcha o servizo GRATUÍTO de IMPRESIÓN DAS TAREFAS ESCOLARES en coordinación coas librarías locais. As persoas que non teñan posibilidade de acceder a Internet, nin teñan impresora, poden chamar ao 986580000 ou enviar un correo a info@silleda.gal           facilitando o nome do centro de ensino, curso e dirección do alumno. Os servizos municipais farán entrega das impresións, de forma segura, aos domicilios. O horario de atención será de 9:00h a 13:00h.

Mauro e as galletas de chocolate branco

Mauro ensínanos como cociña as súas galletas de chocolate branco....mmm, que ricas!!!

 

Lambecazolas de Xabi

Xabi invítanos a facer unhas madalenas...mmmmmm que ricas! Tomade nota!

Lambecazolas Lorena

Tomade nota porque esta semana no Lambecazolas, Lorena ensínanos a facer un flan de ovo...que rico...

Que vou ser...

O alumnado de Infantil infórmanos do que van ser de maiores...moi atentxs!

Mariña (6ºEI) e as filloas na pedra en Primavera

Mariña ensínanos como fai as filloas na pedra...Tomade nota!

Noa e o seu Lambecazolas

Noa (6ºEI) ensínanos o seu biscoito de iogur...Que rico!

Nós somos artisitiñxs II

O alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela adícase a crear instrumentos nesta cuarentena. Bravo!

AULAS GALEGAS

O Equipo Dinamización da lingua galega do centro recomenda a páxina Aulas Galegas onde podedes atopar recursos para pasar estes días en galego. Os recursos estan ordenados por nivel. Tedes na imaxe a ligazón.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet