Mañá, luns día 9 de marzo, o alumnado do noso centro disfrutará da obra teatral "María Pita", interpretada pola actriz silledense Cristina Collazo. Estará dentro do ciclo de actividades dedicadas a muller e que será o cume desta semana onde reivindicamos o papel de Rosalía, e de mulleres coma ela que loitaron, e loitan, por fomentar a igualdade entre ambos sexos, valores que dende o centro intentamos inculcar ao noso alumnado.
Cristina Collazo destaca que a obra "María Pita" «é unha producción teatral que realiza un paralelismo coa heroína coruñesa e unha árbitra de fútbol que tamén se chama María Pita». «Ela reclamaba hai 500 anos que se lle pagara un salario ao igual que os soldados homes, como moitas Marías Pitas actuais», nunha peza con dúas partes diferenciadas a modo de partido de fútbol.
Esta obra conta con teatro de sombras, humor e historia do fútbol nunha mezcla onde tamén cabe a loita pola igualdade como trasfondo.