CEIP Ramón de Valenzuela

Menú comedor mes de febreiro 2021

"O mellor Nadal das nosas vidas"

 Hoxe estamos de noraboa, xa temos no cole os libros do noso agasallo por participar no concurso organizado polo Pontiñas Centro Comercial de Ocio Gadis!!! En breve poderedes disfrutar de todas estas novidades na nosa biblioteca!!! Estade moi atentos...

A imaxinación ten recompensa

Nos últimos días fomos coñecedores de que a ilusión e imaxinación dos nosos nenos e nenas vese recompensada xa que, dous nen@s foron premiados con diferentes agasallos no concurso que celebrou este ano no Pontiñas Centro Comercial e Ocio Gadis, de Lalín.

Según nos comunicou a organización do concurso "O mellor Nadal das nosas vidas" a elección dos gañadores non foi nada sinxela xa que cada cativo representou o Nadal dun xeito traballado, creativo e moi moi curioso.

Martín de 6º de educación primaria presentou a seguinte lámina que foi gañadora do certamen.

 

Martín ganador desta edición

Noela de 2º de educación primaria enviou o seguinte traballo co que chegou a final sendo merecedora dun agasallo polo seu esforzo.

 Noela finalista do concurso 

Radio Garabullo na súa edición especial á hora do xantar foi a encargada de comunicar a consecución destes premios. Como ides observar a continuación ninguén  se esperaba este feito, véndose claramente a sorpresa na cara dos agraciad@s.

 

 

Martín coñecendo o seu premio

 

Noela no comedor sabendo o resultado

O centro recibirá o agasallo de 200 euros en libros, que pronto disfrutaremos na nosa bilioteca.

Por último, agradecer a todas as persoas que fixeron posible a través dos seus votos que o centro fora premiado (Pais,nais,avós,avoas,ANPA,veciños de Bandeira, profesorado...).

Infinitas GRAZAS a Todxs!!

Donación de libros por parte da ANPA Brincadeira

 A ANPA Brincadeira doa unha recopilación de libros para o disfrute de toda a Comunidade educativa do noso centro.

(Preme na foto para acceder o contido publicado hoxe no Faro de vigo)

Menú comedor mes de xaneiro 2021

Cartas de Nadal

Publicación notas primeiro trimestre

Lembrámosvos que o martes 22 de decembro publicaranse na aplicación AbalarMóbil as notas do 1º trimestre.

 

Se aínda non tes instalado no teu móbil a aplicación lee con atención toda a información:

 

Instalación AbalarMóbil

 

 A aplicación gratuíta AbalarMóbil é unha ferramenta da Xunta de Galicia que lles permite ás familias consultar a información das súas fillas e fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar (por exemplo: ter coñecemento das faltas rexistradas, acceder ás cualificacións, etc). Por tanto, é moi importante que todas as familias dispoñan desta ferramenta nestes momentos nos que a comunicación debe canalizarse a través de medios telemáticos. A instalación é moi sinxela:

 

  • Se o seu sistema é Android búsquea e descárguea desde o Play Store; e se é IOS, desde o Apple Store.
  • O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.
  • Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal (mínimo 8 caracteres con algunha maiúscula, algunha minúscula e algún número), que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.
  • A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido para poder visualizar os datos e toda a información do alumno/a.
  • Se lle aparece unha mensaxe de que o seu teléfono non está asociado a un alumno/a, ou de que existe máis dun usuario con ese número, mándenos un correo a ceip.ramón.valenzuela@edu.xunta.gal. Tamén dispón de asesoramento na Unidade de Atención a Centros (Tel.: 881 99 77 01. Correo electrónico: uac@edu.xunta.es).

 

Máis información, cun vídeo explicativo, unha guía de uso e un apartado de “Preguntas e respostas” en https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil.

 

 

Menú comedor mes de decembro 2020

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

O venres 13 de novembro publicouse a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial:

Non ten que presentar solicitude (beneficiase directamente):

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (beneficiario do cheque para material).

 

Ten que presentar a solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

IMPORTANTE!

· Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

· O alumnado de Educación Infantil non pode participar neste proceso.

· A solicitude será única para todos os fillos/as ou tutelados admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021.

· Descargar a solicitude seguindo o enlace.

· Para máis información consultar a Orde do 6 de novembro.

 

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN:

Do 16 de novembro ao 27 de novembro do 2020.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumnado solicitando cita previa a través do teléfono 886 151 718

 

 

Samaín no CEIP Ramón de Valenzuela

Powered by Drupal - Design by artinet