CEIP Ramón de Valenzuela

Gúmer Portas visita o noso centro

O pasado xoves o noso centro tivo unha interesante visita "Gúmer Portas" o locutor de Radio Lalín, coñecido nas ondas do 106.8 Fm do Concello de Lalín.

Nesta visita o alumnado 4º de primaria preparou unha interesante entrevista, onde se pudo ver un Gúmer moi cercano e participativo, nun lugar onde non acostuma estar.
 
Preme na imaxe e accede o resumo dese día.
Momentos da entrevista
 
 

Menú escolar mes de maio

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-22

 

Comunicamos que todos os alumnos e alumnas que solicitaron praza para o vindeiro curso escolar 2021-22, están admitidos/as.

 

23 de Abril día do libro

 Un ano máis o CEIP Ramón de Valenzuela súmase a festividade do día do libro, nunha semana chea de actividades onde o noso centro preparaou bailes, contos, entrevistas, programas de radio… e ata una feria de libros!!!

Nesta semana tan especial así como neste mes, e todo o ano, queremos dende a biblio que non agardes a que os libros peten na túa porta, senon que navegues por un mar de lecturas e  deixate arrolar polas súas ondas.

Se queres descubrir todo o traballo feito, preme na imaxe e accede o resumo destas xornadas.

Enquisa de diagnose da convivencia 2021

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional comunicou que vai poñer en marcha a  III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021, unha sondaxe que ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias).

A devandita enquisa realizarase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Este cuestionario estará dispoñible durante un prazo comprendido entre os días 12 e 29 de abril de 2021.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria poderá cubrir o cuestionario nas aulas de informática do centro ao longo das vindeiras semanas. En canto ás familias, anunciámoslles que a partir do día 12 de abril recibirán a través dos seus fillos/as un documento no que se lles comunica o enderezo web da aplicación e a súa clave de acceso individualizada.

Para máis información preme na imaxe:

Disfruta do cine na Estrada

 Como consecuencia da crise do COVID, o Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais convocou subvencións aos titulares das salas de exposición para promover campañas de volta ao cine dirixidas a centros educativos.

Desde Minicines Central a Estrada ofrece descontos a todos os centros educativos do noso concello e áreas de influencia para que todo o alumnado poidan beneficiarse desta campaña.

 

 

 

AS NOVAS DE GARABULLO: Facendo Camiño

Un ano máis celebramos a Semana da Prensa do 8 ó 12 de marzo. As novas foron estudadas e analizadas nas aulas cos titores e especialistas. Cada curso traballou a prensa dende distintos puntos de vista aproveitando os xornais que se mercaron ao longo da semana.

Aprendemos moitas cousas dos reporteiros e decidimos ser xornalistas e crear un pequeno xornal do cole centrado no noso proxecto: "Facendo Camiño". Participamos todos tanto infantil como primaria e todos levamos o noso xornal para poder ver coas nosas familias. 

Se queredes velo ou descargalo premede na imaxe:

7 de Abril día mundial da saúde

O Día Mundial da Saúde xorde no 1948, cando na Primeira Asamblea Mundial da Saúde se propón celebrar esta data para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Desde 1950, todos os 7 de abril celebramos esta data, a cal se centra cada ano nunha temática de saúde de relevancia para a comunidade internacional.

 

En 2020, o Día Mundial da Saúde sorprendeunos no medio do estrito encerro decretado na maioría dos países do mundo, debido á grave pandemia COVID-19.

En 2021, e con tempo para reflexionar, a Organización Mundial da Saúde fai fincapé nas desigualdades que existen e que condenan á enfermidade ás poboacións máis pobres.

O lema do Día Mundial da Saúde 2021 é: "Construír un mundo máis xusto e saudable".

Esta reivindicación é máis importante ca nunca no actual contexto que vivimos por mor da crise da COVID-19. 

Dende o CEIP Ramón de Valenzuela, unímonos á celebración desta data e reivindicamos e agradecemos a importante labor de todos e todas as profesionais que traballan pola nosa saúde e que son fundamentais para acadar o obxectivo de desenvolvemento sostible número 3 da Axenda 2030, isto é  «garantir unha vida sa e promover o benestar para todos e todas a calquera idade».

O alumnado de segundo de Educación Primaria traballou esta conmemoración coa axuda de dúas nais do alumnado deste curso, neste pequeno video podedes ver o gran traballo feito!!!

 

O colexio Ramón de Valenzuela ponse guapo con once árbores novas

Non te perdas as novas do noso cole hoxe na Voz de Galicia 

Powered by Drupal - Design by artinet