CEIP Ramón de Valenzuela

EMISIÓN TVG 2 OS BOLECHAS NO VOSO COLE

Maña 27 de febreiro ás 11h na TVG2 emitiranse os capítulos dos colexios:

  • Ceip de Chancelas "Martes con arte"
  • Ceip Ramón de Valenzuela "Radio Garabullo"

Estade atentos a pantalla!!! . Non o perdas!!!

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

Admisón alumnado : do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Nos documentos adxuntos poden acceder á información necesaria para o proceso de admisión.

Concurso Ecovoz

O alumnado de 6º participou no programa de radio Ecovoz superando esta primeira ronda. Se queredes ver como foi escoitade este pequeno resumo.

 

Trasdeza Pinta o Camiño

 O Alumnado de 6º curso do noso colexio participou ,este martes, na primeira fase do proxecto Trasdeza Pinta o Camiño. Estudiantes dos distintos centros do municipio participan nesta iniciativa para a promoción e dinamización da ruta Xacobea ao seu paso polo municipio tomando como referencia as artes plásticas.

 

O Foxo - Bandeira foi o destino para os alumnos/as do Ceip Ramón de Valenzuela. Os estudantes analizaron e estudaron este enclave histórico por onde pasa o Camiño  guiados por persoal de Amarelas e polos mestres do noso cole. Recibiron material promocional así como unidades didácticas creadas para este proxecto.

 

Entroido 2021

Neste ano especial dende o cole gozamos do Entroido con varias actividades. Convertímonos en caminantes que chegan a Santiago, nas aulas divertímonos cos disfraces de cada compañeiro/a e tamén asistimos dende as fiestras do cole o "Alto dos xenerais".

No seguinte video podedes ver o alumnado do centro disfrazado e gozando do Entroido.

 

 

 

Día Mundial da Radio 2021 – World Radio Day 2021

A radio é un medio de comunicación que nos permite estar preto da xente. Sentila e coñecela un pouco mellor. A radio acompáñanos, infórmanos, divírtenos, fai que sintamos que non estamos sós.

Aínda que xa ten máis de cen anos a radio evolucionou co mundo, innovando, adaptándose ás novas realidades socias e tecnolóxicas, pero sempre mantendo a súa capacidade de conectarnos.

O 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man das nosas avoas, dos nosos pais, dos nosos tíos, das bisavoas … de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio.

Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en BandeiraCEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

Día Mundial da Radio: Novo mundo, nova radio

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das comunidades e as sociedades. Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar.

Radio Garabullo, a nosa Radio, a Radio do Ceip Ramón de Valenzuela quere sumarse a esta celebración cunha serie de actividades que estivemos preparando  para esta xornada e que iremos descubrindo pouco a pouco.

 

 

Un "atranque" dende a fiestra

Preme na imaxe e accede ao contido que adica o Faro de Vigo ao noso centro.

"Altos dos xenerais 2021"

Xa podedes disfrutar do espectáculo ofrecido polo alumnado do noso centro, onde puxeron de manifesto o seu gran inxenio.

 

Powered by Drupal - Design by artinet