Skip to Content

Comedor

Comedor escolar curso 2020-2021

 

 

Aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2020-21

 

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

As autodeclacións entregaranse na Secretaría do Centro. O prazo remata o 11/09/2020, pero é aconsellable a súa entrega antes do 10/07/2020

IMPORTANTE:

-A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2019

-Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.

-Recorde cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.

 

 

Podedes descargar o impreso e as intrucións dende AQUÍ ou recollelo no centro.

 

Recomendacións nutricionista

A nutricionista, Ana Isabel Fernández Escudero, ofrécenos unha serie de pautas sobre consumo responsable, ideas de menús para o confinamento e fálanos da "fame emocional".  Recoméndanos tamén unha serie de receitas de almorzos e merendas, que podemos cociñar en familia.

Para saber máis accede aos seguintes documentos:


CHARLA SOBRE NUTRICIÓN INFANTIL A CARGO DA NUTRICIONISTA ANA ISABEL FERNÁNDEZ ESCUDERO

A nutricionista do noso centro, Ana Isabel Fernández Escudero, impartiu, para o alumnado de Educación Primaria, unha charla acerca da alimentación equilibrada e dos hábitos alimenticios saudables.

SE PREMEDES NA IMAXE, PODEDES ACCEDER Á GALERÍA FOTOGRÁFICA

Comedor 2014/15

O noso comedor pertence á modalidade de xestión directa polo propio centro. E dentro desta modalidade á categoría C.

O número total  de alumnos usuarios do comedor é de 149.

Persoal laboral que atende o servizo:
• Cociñeira: Mª del Carmen Vilela Vázquez
• Dúas axudantes de cociña: Ana Mª García Negro e Belén Armesto Rodríguez

Horario: 13:15h a 14:40h.

Tanto á hora de xantar como no tempo de lecer posterior, ata a hora de entrada da tarde, o alumnado usuario de comedor é atendido por unha encargada de comedor e 8 colaboradoras. Encargada e colaboradoras son nais de alumnos/as do centro.

Clica para ver a imaxe: ESTE É O NOSO COMEDOR

Distribuir contido


by Dr. Radut