Skip to Content

PDI 22/23 Sustentabilidade

Charla cambio climático

Durante este trimestre, seguimos avanzando no PDI sobre desenvolvemento sostible "A NOSA PEGADA. Sobre isto,  falounos Julia, nai dos nosos compis Emile e Paolo. Ela é climatóloga, explicounos en que consiste o seu traballo e fíxonos reflexionar sobre o cambio climático, as súas consecuencias e a influencia das nosas accións para as paisaxes. 

Un placer tela con nós! Graciñas, Julia. 

 

 

Na prensa

No día de hoxe, o noso cole é noticia!

 

Feliz 2023

Moi boas festas!

Vémonos o 9 de xaneiro de 2023.

Programas de radio

Durante este trimestre, aprendimos moito a través do proxecto sobre desenvolvemento sostible.

Para comprobalo non tedes máis que escoitar os programas de radio que fixeron en cada unha das aulas.

Preme aquí para poder oirnos!

Contedor marrón

Grazas á campaña do Concello de Palas de Rei sobre mellora da xestión de biorresiduos, o alumnado do cole coñeceu polo miúdo o uso correcto do contedor de cor marrón.

Ademais dunha charla explicativa, recibiron un díptico informativo con consellos sobre aqueles residuos que se poden verter neste contedor e cal é o seu posterior tratamento.

 

Obradoiro material refugallo

Un dos obxectivos que pretendemos acadar este curso, a través do PDI de centro sobre desenvolvemento sostible, é REUTILIZAR. Así que hoxe, puxémonos mans á obra.

Grazas á colaboración das familias conseguimos encher o corredor do cole de material de refugallo.

Para que, preguntarédesvos? Pois para crear unha aldea. Si, si! Unha aldea.

Organizámonos en 7 grupos e, dentro de cada un deles, alumnado de todas as idades.

Unha vez tiñan claro o reto: expuxeron ideas, tomaron decisións, organizáronse e crearon. Vaia se crearon! En breve veredes o resultado!!

Sen dúbida, foi un día do máis enriquecedor onde todas e todos se sentiron partícipes, onde os máis maiores do cole orientaron e axudaron aos máis peques, onde todas e todos colaboraron para un obxectivo común, onde se respiraba ilusión, concentración e moita imaxinación, onde (unha vez máis) comprobamos que xuntos somos máis fortes!!!

Veredes dende aquí como traballaron.

Charlas nutrición

Este venres tivemos unha charla sobre alimentación e sostibilidade para todo o alumnado de primaria. Estas charlas enmárcanse dentro dos contratos programa CPinnova nos que participamos.

 

Día da ciencia

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas... a nosa converteuse en escenario dun montón de experimentos, onde cada curso lle explicou ao resto de compañeiras e compañeiros do cole os seus descubrimentos. Este ano, todos relacionados con enerxías renovables, contaminación e reciclaxe.

Un pasiño máis cara o coñecemento dun xeito de vida máis sostible.

Dende aquí podedes ver máis fotos.

Tríptico consellos

 Neste tríptico o alumnado recolle algúns consellos para acadar un xeito de vida máis sostible, animádesvos?

Sogama

Grazas ao proxecto sobre desenvolvemento sostible que estamos realizando no cole aprendemos un montón de cousas sobre a reciclaxe. Hoxe fixémolo da man de Sogama que nos invitou a realizar uns xogos para seguir aprendendo a tirar o lixo no colector correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut