Skip to Content

Así é o meu corazón

A partir da lectura do conto "Así es mi corazón",  as nenas e os nenos de 4º de educación infantil descubriron que o noso corazón esconde un montón de sensacións segundo como nos sentimos, falaron delas e crearon uns corazóns inspirados na súa portada empregando rotuladores e o boli 3D.

Para repartilos cada neno ou nena colleu un corazón ao chou, levoullo ao compi correspondente e díxolle algo que lle gusta del. Escoitáronse cousas como: gústame xogar contigo, debuxas xenial, encántame cando compartes os xoguetes, eres moi divertido...

Comprobaron a sensación que viaxa por dentro do noso corazón cando somos amables e nos din cousas bonitas... encantóulles!


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




 



story | by Dr. Radut