Skip to Content

ENTROIDO 2014

O venres, 28 de febreiro, celebramos no colexio O ENTROIDO.

O noso patio, nun día oscuro e chuvioso, fixo unha viaxe no tempo e trasladounos aos anos 50, convertíndose en escenario e a nos en protagonistas dunha GRAN FEIRA DA ÉPOCA.

Non faltaron ovos, coellos, pitas, queixos, castañas, fabas, verduras... Vamos... había de todo o que se podía vender e comprar na época: zocos, olas de barro, candís, carburos, romanas... tamén estaban presentes. E o mais bonito de todo: que moitiña xente acudiu, pero... o malo... non había moito carto!

De todas maneiras, unha vez rematadas as feiras tamén quedou tempo para o lecer, e o SALÓN DE BAILE estaba cheíño ata os topes.

Por sorte todo transcurriu en paz e armonía e a Garda Civil, que tamén estaba presente, non tivo que intervir.

Clicade na cámara se queredes ver algunhas imaxes do evento.



page | by Dr. Radut