Skip to Content

NADAL 2013

 

Este ano no cole protagonizamos moitas actividades para recibir o NADAL

  • Escribimos a carta aos Reises, pero este ano non tivemos que envialas, porque AS SÚAS MAXESTADES VIÑERON A RECOLLELAS PERSONALMENTE AO COLE, é verdade MELCHOR, GASPAR E BALTASAR recolleron todas as cartas que os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo lles escribimos. FOI EMOCIONANTE!!

Deixámosvos aquí unhas fotos de tan maxestuosa visita.

Sabedes quen veu tamén ao noso cole a entregarlle a carta aos Reises? Pois nada mais e nada menos que o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Entregou a carta ás Súas Maxestades Os Reises de Oriente e estivo con nos durante todo o evento.

  • O día 20 celebramos o noso festival, estivemos na Casa da Cultura, alí todos os cursos fixemos representacións, cantamos panxoliñas... en definitiva pasámolo moi ben. E tamén tivemos varias sorpresas:

María de 5º interpretou unha peza ao piano para todos nos. Quedamos abraiados, non sabiamos que María tocaba tan ben. PARABÉNS MARÍA.

Como participamos no concurso de postais do Concello, Pablo e Divina viñeron a traer os agasallos aos gañadores: Mateo de Infantil, Uxío de 2º, Ismael de 3º e Mateo de 6º.

Pero aínda houbo mais premios: no concurso do cole, os agasallados foron: Anxo Yáñez,Brais Penedo, Alba Rivas, Rita Santiso, Manuel Vázquez e Carlos Torreiro.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut