Skip to Content

Charla Navega con rumbo

Hoxe, 2 de maio, celébrase o Día Mundial Contra o acoso escolar.

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha sesión formativa enmarcada dentro do Programa Navega con rumbo. O obxectivo é seguir concienciando ao alumnado no uso responsable de internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura. Céntrase tamén na prevención do ciberacoso, na adición a videoxogos…

Lembrade que o noso centro dispón do punto laranxa (físico e virtual) para contribuír a erradicar o acoso e o ciberacoso.



story | by Dr. Radut