Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso centro dúas dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.
Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo. Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.
No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 1º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 2º e 3ºde EP.
Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.