La vuelta al mundo en 80 días

O Clube de lectura de 6º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu “La vuelta al mundo en 80 días” de Julio Verne da editorial Almadraba.

O libro foi traballado nas últimas semanas do mes de novembro. A volta ao mundo en 80 días narra as aventuras de Phileas Fogg, que é acompañado do seu criado Picaporte querendo demostrar á sociedade da súa época que é posible percorrer a superficie da Terra en só 80 días. Durante a viaxe, non soamente teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos, senón que teñen que verllas cun inspector de policía (Fix) que confunde a Phileas Fogg cun ladrón e, sobre todo, deben loitar contra o paso das horas.

Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.

Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen.

Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.

Actividade 4: Traballo a través das TIC.
O alumnado valorará a comprensión da lectura do libro a través de 20 preguntas realizadas en Kahoot.