Rosa caramelo

Ao longo deste curso o alumnado de Ed. Infantil traballou a coeducación e a igualdade de xénero a través do conto "Rosa caramelo" no cal a elefanta Margarita reivindica a igualdade de xénero para os nenos e nenas.

Partimos da lectura adaptada do libro para as distintas idades do grupo de clase, pois na mesma aula están escolarizados nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación  Infantil. Das actividades realizadas, destacamos as seguintes:

  • Coñeceron as súas personaxes , describíronas e os maiores axudaron aos  máis pequenos, tanto para contar o conto, como para describir as distintas personaxes.
  • Debuxaron as personaxes principais, os de cuarto de educación infantil pintáronos e a medida que avanzou o curso, tamén as debuxaron.
  • Os nenos e nenas de sexto de infantil fixeron un puzzle sobre o conto e axudaron aos máis pequenos a unir as pezas.
  • Mesturaron con pintura de dedos para conseguir o rosa e o gris, que son as cores das personaxes do conto.
  • Rotular o lema do noso conto “Todos somos diferentes pero non desiguais”
  • Facer un debuxo para acompañar o lema e poñelo no mural do Colexio.
  • Utilizamos tamén libros da colección  “ZOO” para coñecer un pouco a da vida e hábitat doutros animais salvaxes.
  • Proxectamos na aula imaxes de animais salvaxes, o medio onde vivían , e coñecemos algunhas das súas características.
  • Debuxáronos e pintáronos.