MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILA VIAXEIRA

Xa temos os primeiros traballos que se fixeron coa nosa Mochila Viaxeira. Noa Antelo e Elena quixeron compartir con nós o ben que o pasaron cociñando e facendo as manualidades do libro de títeres. 

   

ENTROIDO 2021

ENTROIDO DE CINE

Chegou un ano máis a celebración da nosa festa favorita: O ENTROIDO! Este ano o tema foi o cine. Houbo personaxes para todos os gustos: Brancaneves, Jack Sparrow, O Rei León, Ninjas,  Superheroes, Vilanas como Cruela de Vil... Despois rematamos a festa coa degustación de doces típicos desta época: filloas, rosquillas , orellas... Pasámolo moi ben !!!

BADALADAS

BADALADAS DE 2º

A clase de 2º, xunto co resto do cole, celebramos as badaladas xuntos. Esta vez tivo que ser de forma telemática, por culpa da COVID-19. Aínda así pasámolo moi ben e pedimos un desexo na doceava badalada. Oxalá se faga realidade! FELICES FESTAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!