Máis éxitos para os nosos ex-alumnos, no deporte e no cine.

Tagged:  

Unha vez máis temos o inmenso placer de traer a este espazo a dous exalumnos que andan triunfando, cada un no seu eido de traballo. Raúl Prada que xa nos ten visitado nestas páxinas polos seus éxitos deportivos, volve agora cun ouro no campionato cadete de k-4, e Aitor Ramos recibe numerosos recoñecementos pola súa curta "Escarnio e Maldicir", que alén de ser un seu traballo de fin de grao en Audiovisuais, está recibindo numerosas e valiosas valoracións, que auguran a un gran creador.

Noraboa a ambos os dous.... Seguímosvos a pista!!!