try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Dino Radio

Programas da Radio Escolar da Biblioteca

Dino Radio

Aquí podedes escoitar os programas da Radio Escolar da biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa.

A radio é unha ferramenta moi poderosa para contar todo o que facemos na biblioteca, os proxectos de investigación nos que nos embarcamos nas aulas, os libros que lemos nos clubs de lectura e os textos que escribimos nos de escritura, para falar das nosas actividades do centro, para escoitarmos a música que somos quen de facer...

En fin, a radio, a nosa Dino Radio, vai ser un altofalante que espalle esas cousiñas que realizamos con todo o cariño, que as mimamos, pero que en moitos casos quedan agochadas no interior do colexio sen que ninguén máis saiba delas.

Pois aí vos van, voando nas ondas!

Programa Radio Voz

Deixámovos neste post o programa de Radio que fixemos para RadioVoz dende a nosa emisora no que resumimos as investigacións realizadas dentro do proxecto documental da Enerxía realizado no curso 2022-23.

 

Nova entrevista sobre a enerxía eólica

Ola a todas e a todos!

Volvemos a traer unha nova entrega de Dino Radio, desta volta cunha entrevista sobre a enerxía eólica.

Este ano, co gallo do proxecto documental sobre a enerxía, están saíndo moitos programas de Dino Radio cargados de enerxía e sabiduría.

Entrevista Hidroeléctrica

Se o outro día faciamos a nosa entrevista fotovoltáica, sobre os paneis solares e a redución do consumo de combustibles fósiles, hoxe, @s nen@s de 4ºB entrevistamos a un enxeñeiro da empresa Iberdrola, especialista na produción de enerxía hidroeléctrica, quen nos aclarou moitas das dúbidas que tiñamos sobre este tipo de enerxía.

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos para Dino Radio,

 

Programa do Día da Muller

Velaquí estamos de novo, cun programa cargado de biografías de mulleres senlleiras en todos os campos.

Cada clase do colexio investigou sobre unha muller e fixeron un cartel onde explicaban todo o que descubriron sobre elas, e logo, como non podía ser menos, subiron á radio e gravaron un novo programa de Dino Radio para celebrar este 8 de Marzo e loitar, con todas as nosas forzas contra da desigualdade e da marxinación que, por desgraza, aínda no século XXI, sofren as mulleres.

Daquela, aquí o noso grauciño de area para rematar con esta vergonza.

Entrevista Fotovoltaica

Ola amig@s, aquí estamos cun novo episodio dos nosos podcasts, desta volta cun moi relacionado co proxecto documental no que estamos embarcados este curso.

O alumnado de 4ºA entrevista ao delegado de GreenVolt, unha empresa que traballa a enerxía fotovoltaica, e que nos aclarou moitas das dúbidas que tiñamos sobre este tipo de enerxía e da súa aplicación á vida cotián.

Esperamos que tamén vós, ao escoitardes este podcast, aprendades moito e aclaredes as vosas dúbidas sobre a enerxía solar.

A Ciencia en Galego na nosa Radio

Outra volta máis volvemos ter programa de Dino Radio, a nosa emisora de radio vencellada á Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión nos visitan alumnado de terceiro curso para contarnos dos experimentos que realizaron co gallo do día da Ciencia en Galego, e o alumnado de 2º que son os que inauguraron este ano o programa da lectura dos venres, que nós chamamos, @s nos@s autor@s en voz alta.

Desfrutade deste podcast coma nós desfrutamos gravándoo!!

Entrevista á profe Merche

Deixámovos aquí un novo podcast de DinoRadio, onde os nenos e nenas de segundo de primaria fan unha entrevista á nosa Teacher, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, e onde nos conta moitas cousas moi interesantes sobre o poeta á quen se lle adican as letras deste ano 2022 que está a rematar.

Dino Radio e o cubo de Rubik

Volvemos cun novo episodio de Dino Radio, desta volta adicado ao cubo de Rubik, ese cubo que algúns non damos resolto nin de broma, e que outra xente resolve coas mans nas costas. Asier, que é un destes últimos, nos fala do cubo nunha entrevista que se lle fixo no obradoiro de Radio que temos os venres no recreo do comedor.

Escoitádea, non ten desperdicio!

 

Máis versos de Florencio

Desta vez é o alumnado de segundo B de primaria o que quere adicar a súa homenaxe a Florencio, e para iso escolleron tres poemas do noso poeta, no que fala de Córgomo, das Serras de Valdeorras e de dez cousas que lle gustan da nosa bisbarra.

Escoitádeos, é unha gozada escoitar estes versos nas súas voces.

Distribuir contido