try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Complementarias

Festival de Nadal

festival do 50 aniversario

como tod@s vós puidestes comprobar, estivemos de festa rachada para celebrar estes primeiros 50 anos da inauguración do Ceip Condesa de Fenosa do Barco, aínda que daquela só éramos a Concentración.

A máis do video que vos poñemos aquí para lembrar quen eramos e quen somos, deixámovos o enlace a unha páxina da nosa aula virtual, onde poderedes ver os vídeos das actuacións dos distintos grupos do colexio.

 

Homenaxe no Botelo a Adela, a nosa cociñeira xubilada

Nesta fin de semana celebrouse a festa do Botelo no pavillón de Calabagueiros, e nela rendéuselle homenaxe a Adela Pombo, a que durante moitos anos foi cociñeira do noso centro.

Deixámovos aquí unha reportaxe do xornal O Sil e un programa de radio no que relata as súas lembranzas do seu paso polo noso colexio.

Programa dos Festivais de Nadal

Deixámovos aquí o programa dos Festivais de Nadal cos que imos recuperar, aínda que de xeito menos multitudinario que antes, un anaco desa normalidade que viviamos antes da pandemia do Covid.

Aínda así vos recomendamos algunhas medidas que sería bo que tod@s nós cumprisemos:

  • Evitar un exceso de acompañantes, xa que o aforo é limitado
  • A poder ser empregar máscara como elemento de protección
  • Non gravar o festival, xa o fai o colexio e o compartirá con tod@s vós. Se nos levantamos para gravar imos molestar á xente que sente atrás nosa.
  • @s nen@s ao saír do festival irán ao pavillón, onde quedarán custodiados por persoal do colexio ata que os vaiades recoller ao marchar.

 

FELIZ NADAL de Carmela García Fernández

25 de Novembro: non á violencia de Xénero

Hai un par de semanas que fixemos esta andaina contra da violencia de Xénero organizada polo GDR7 entre Pumares e Sobradelo polo Camiño de Inverno, na súa primeira etapa ao entrarmos na Galiza.

Hoxe que imos pendurar no patio cuberto os nosos paraugas morados con mensaxes contra da violencia de xénero, realizados polo noso alumnado, queremo tamén lembrar esta andaina na que o alumnado de 6º curso se comprometeu contra desta pandemia mundial que é a  violencia machista contra das mulleres.

Nós propoñemos esta vacina, educarnos xuntos, en igualdade, compartir proxectos, coñecernos, valorarnos mutuamente... seguro que así desaparecerá esta lacra social que é o uso da forza física contra da metade da humanidade.

Non á violencia de xénero!!!

 

Festival de nadal

Día da Paz. Temos alguén no noso corazón!

Este ano, a canción que eliximos para cantar no Día da Paz, non é outra que "Eu teño alguén" de María Fumaça. As nenas e os nenos do colexio quixeron traducila ao linguaxe de pictogramas, e veleiquí tedes o resultado.

Primeiros Auxilios

Estes días tivemos unha actividade moi interesante impartida por persoal da Cruz Vermella de Valdeorras sobre primeiros auxilios para o alumnado de 6º.

A actividade foi recollida polo xornal O Sil neste artigo

O alumnado aprendeu moito sobre reanimación e pautas de actuación fronte a emerxencias sanitarias, un coñecemento que pode salvar vidas e que todos e todas deberiamos ter.

Esperemos que nos vindeiros cursos poidamos ter unha continuidade desta actividade que nos parece tan interesante.

artigo do Sil

Distribuir contido