Xa está publicada a nova orde para o Fondo solidario de libros de texto e axudas de material escolar. O prazo remata o 22 de xuño.
Ao igual que en anos anteriores, os alumnos de 1º a 4º de primaria poden solicitar axuda de libros e material escolar, e os alumnos de 5º e 6º poden optar á axuda de material escolar segundo os baremos de renta establecidos na convocatoria.
Podedes presentar as solicitudes preferiblemente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada).
A documentación necesaria é a seguinte:
- Copia do libro de familia o documento equivalente.
- Copia de sentencia judicial en caso de separación ou divorcio.
- Certificado de discapacidade se é o caso.
No caso de querer realizar entrega presencial, podédevos achegar ao centro en horario de 10 a 12 h.
Achegamos o Anexo I e Anexo II para que os podades descargar dende a casa, aínda que se preferides que vos remitamos exemplares en papel, podedes solicitárnolos e volos faremos chegar.