Transporte e Comedor Escolar

O Comedor escolar

 Na actualidade o comedor escolar conta con dous espazos habilitados (un para ensino infantil e nen@s con alerxias alimentarias, e outro para alumn@s de primaria) onde xantan máis de 300 nenos e nenas. 

 Atenden o comedor unha cociñeira con tres axudantes de cociña, e atenden o servizo e vixiancia do comedor 10 colaborador@s.

Os menús os elabora a encargada do comedor, seguindo as consideracións da campaña "5 ao día". Por último, e para garantir unha calidade sanitaria e o equilibrio nutricional dos menús, o servizo de pediatría do centro de Saúde do Barco supervisa e introduce as modificacións pertinentes no menú.

O Comedor edita mensualmente os menús nun folletiño chamado cadernos do comedor, no que, a máis de informar das minutas diarias para complementar na casa a dieta dos seus fillos,dá unhas notas básicas sobre nutrición, hábitos alimentares, alerxias, etc...

Menús curso escolar 2023-2024
Menú do mes de setembro de 2023
Menú do mes de outrubro de 2023
Menú do mes de novembro de 2023
Menú do mes de decembro de 2023
Menú do mes de xaneiro de 2024
Menú do mes de febreiro de 2024
Menú do mes de marzo de 2024

 

O Transporte escolar

Neste momento no colexio funcionan 7 liñas atendidas por 3 empresas, como se explican no cadro adxunto. Todas as liñas de transporte contan con coidadoras que atenden ao alumnado transportado, coidan do seu comportamento na liña do autobús e vixían as subidas e baixadas nas distintas paradas.

Empresa Itinerario Paradas
Atvisa Nº1
Nº2
Nº3
Veigamuíños
Vilariño, Soulecín,  A Proba

O Castro, Outarelo, Vilanova, A Cerámica
Aupsa Nº4
Nº5
Nª6
Alixo, Raxoá, Millarouso, Coedo
Santa Mariña, Cesures, Vales, Arnado, Vilabril, Santigoso
Éntoma, Cemiterio, Ucediños
Perfecto Núñez Nº7 Xagoaza, Tremiñá
Distribuir contido