Dino Radio

Programa das letras galegas

Tagged:  

Aquí vos deixamos un novo programa de Dinoradio, que realizamos, coma o anterior, ao través do WhatsApp, e no que co gallo da celebración das Letras Galegas 2020, rendemos unha homenaxe ao noso Ricardo Carballo (Carvalho) Calero.

 

O Coronavirus non pode con nós!!

Tagged:  

Déixovos nesta entrada o programa de Dino Radio que fixemos dende as nosas casas neste período de confinamento.

O virus pretendía paralizarnos, pero nós somos máis fortes, e boa proba disto é que seguimos participando nas propostas do cole, da nosa biblio...

A imaxe que acompaña ao noso programa é un debuxo que fixo Mauro, un ex-alumno e grande e polifacético artista.

Grazas tamén aos artistas que nos permiten usar as súas músicas na elaboración deste programa.

Programa do Día de Rosalía e da Muller

Tagged:  

Velaquí tedes o noso programa de Radio na Biblioteca adicado á nosa poeta Rosalía de Castro e ás mulleres no seu día.

Temos entrevistas, previsión do tempo, novas sobre Valentina Tereshkova e a estrela Rosalía, e uns textos inéditos de Rosalía, ademáis dunha entrevista a unha das nosas profes do colexio.

 

Obradoiro de Radio

Tagged:  

Estes días tivemos a oportunidade de desfrutar dun obradoiro de Radio que nos viñeron impartir a xente de Ponte nas Ondas, un grupo que leva 25 anos traballando a prol da radio escolar e da cultura galego-portuguesa.

O resultado deste obradoiro podédelo escoitar neste podcast que vos deixamos aquí.

Programa do día da Paz 2020

Tagged:  

Deixámovos aquí o último programa da nosa Radio, a Dino Radio, adicada á conmemoración do día escolar mundial pola Paz, do 30 de xaneiro de 2020.

Esperamos que vos guste!

 

Primeiro Programa da Radio Escolar neste novo curso

Tagged:  

Este ano comezamos tarde a nosa programación radiofónica, pero como sabedes tivemos obras no colexio, e tras unhas obras hai que se recompoñer, volver todo ao rego, e finalmente volver a coller o ritmo de traballo.

Pero non queriamos rematar o ano 2019 sen publicar a nosa primeira experiencia radiofónica deste curso, e velaí está. Que a desfrutedes!

E xa van tres!

Tagged:  

Con este programa de DinoRadio pechamos o presente curso 2018-19 no que atinxe a elaboración de programas, entre outras cousas porque xa estamos de vacacións e resulta imposible seguir gravando.

Desta volta enchemos os nosos contidos co remate da entrevista a David, coa lectura dun conto elaborado polo club de escritura de 5º e coa interpretación do Circassian Circle, unha peza do repertorio tradicional irlandés, que aprendimos a tocar e bailar en 6º.

Deica o curso que vén, que de seguro que temos moitas cousas que contar, aquí, en DinoRadio.

O noso segundo programa xa está no ar!

Tagged:  

Xa temos gravado e colgado na nube o noso segundo programa de radio, da nosa Dino Radio, e desta volta cunha moi interesante entrevista ao profe David (aínda que se xubilou segue a ser o noso profe, non si?) polo seu libro "Brian o Chinés".

Tamén nos falan do seu proxecto sobre o Principiño os alumnos de 4º B, e hai música das clase de 5º, que nos deleitan co Son do Ar.

Non volo podedes perder!

 

Primeiro Programa Semana das letras galegas 2019

Tagged:  

Neste programa poderedes escoitar:

  1. Unha biografía de Antón Fraguas
  2. Unha referencia do club de lectura de 5º
  3. Unha entrevista a Rubén de 5º sobre a actividade de Xogos Deportivos
  4. O proxecto de ruído e silencio de 2º
  5. Unha peza musical interpretada por 6ºA
  6. Unha poesía de "os nosos autores en voz alta" de 1º
Distribuir contido