Cantiga da Paz

Como todos os anos imos bailar unha cantiga para celebrarmos o Día Escolar pola Paz. Este ano escollemos "Apertas que voan" do noso amigo Paco Nogueiras, que xa nos ten visitado facendo contacontos en varias ocasións.

Os Chicos e Chicas de 6º inventaron esta coreografía coa que todos poderemos bailar o próximo día 30 para reclamar algo básico: Paz no Mundo.