Blogues

A Ciencia en Galego na nosa Radio

Tagged:  

Outra volta máis volvemos ter programa de Dino Radio, a nosa emisora de radio vencellada á Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión nos visitan alumnado de terceiro curso para contarnos dos experimentos que realizaron co gallo do día da Ciencia en Galego, e o alumnado de 2º que son os que inauguraron este ano o programa da lectura dos venres, que nós chamamos, @s nos@s autor@s en voz alta.

Desfrutade deste podcast coma nós desfrutamos gravándoo!!

@s nos@s autor@s volven a soar con voz alta

Tagged:  

Neste ano da recuperación de actividades, volve a soar a lectura en voz alta d@s nos@s autor@s na mañanciña dos venres na voz, desta volta, do alumnado de 2ºA.

A partires de agora, e deica o remate do curso, os venres serán os días en que cada clase nos amose parte do traballo que fan na clase lendo e recitando textos d@s escritor@s galeg@s.

Non se me ocorre mellor xeito de empezar o día!!!

Homenaxe no Botelo a Adela, a nosa cociñeira xubilada

Tagged:  

Nesta fin de semana celebrouse a festa do Botelo no pavillón de Calabagueiros, e nela rendéuselle homenaxe a Adela Pombo, a que durante moitos anos foi cociñeira do noso centro.

Deixámovos aquí unha reportaxe do xornal O Sil e un programa de radio no que relata as súas lembranzas do seu paso polo noso colexio.

Menudos Proxectos

Tagged:  

Agora, xa cos protocolos da Covid rematados, é hora de volver facer as cousas que nos gustan, como expoñer aos compañeiros os resultados dos nosos proxectos de investigación.

Aquí queda este vídeo dun proxecto sobre os reptiles realizado na clase de segundo A de primaria.

 

Baile do día da Paz

Tagged:  

Deixámovos aquí a letra da cantiga de Paco Nogueiras titulada Móvete, que vai ser a música que imos cantar e bailar no vindeiro día da Paz.

Neste vídeo podemos aprender a coreografía que imos bailar na celebración do día 30 de Xaneiro.

Tamén Natacha adaptou este Genially para que o puidesemos empregar para a celebración do noso día da Paz

Un proxecto con moita Enerxía

Tagged:  

Botamos a andar o noso proxecto documental sobre a Enerxía.

Para comezar imos poñer en marcha unha pequena páxina web onde recoller distintos recursos documentais, dixitais e analóxicos, para recompilar os datos que vaiamos necesitando para satisfacer as nosas necesidades de información.

Tamén poñemos en marcha unha wiki dentro da aula virtual do colexio para ir poñendo por escrito todo o que averigüemos sobre a enerxía.

Para visitar a nosa páxina do proxecto, premede aquí!!

Información sobre o Período de Reserva de Praza para o Curso 2023/2024

Tagged:  

Comeza o tempo de reserva de matrículas para centros adscritos (15 de Xaneiro a 6 de Febreiro) e de admisión (do 1 ao 20 de Marzo).

O actual período de reserva só atinxe ao alumnado de 6º curso que vai reservar praza no IES Lauro Olmo, que é o  centro de secundaria ao que estamos adscritos, ou ben aqueloutro alumnado que desexe matricularse noutro centro distinto do de adscrición.

Toda a información que precisades está na orde que regula a matrícula, que está publicada no DOG do 8 de novembro de 2022, e que vos achegamos como adxunto desta entrada do blog.

Para o período de admisión (alumnado que queira cambiar de centro e alumnado que comeza a etapa de infantil) xa vos informaremos con máis vagar cando se acheguen as datas.

Poñendo en marcha os hortos

Tagged:  

Estes días comezamos a limpeza do noso horto, onde esperamos en breve ter unha colleita importante.

Imos, tamén, facer unha reforma dos espazos, aumentando o grosor da capa de terra para poder cultivar mellor as nosas froitas e verduras.

Mmmmm! xa devecemos por comelas.

Programacións infantil LOMLOE

Programacións didácticas dos distintos cursos de ensino infantil:

  1. 4º Infantil
  2. 5º Infantil
  3. 6º Infantil
Distribuir contido