Skip to Content

Biblioteca creativa

23 de ABRIL DÍA do LIBRO

 

DÍA DO LIBRO NO BENCHO

O día 7 de abril de 2020,  celebrouse un Obradoiro de lectura e linguaxe  audiovisual co alumnado de 5º E.P.
O obxetivo da formación foi tanto favorecer a  aprendizaxe e a utilización  dos recursos audiovisuais do rencuncho creativo da biblioteca, como  a adquisición de  estratexias de edición e produción de vídeos.
Para  elo,  centramos o traballo nun  conto  infantil de igualdade. A rapazada  fixo toda  a planificación  desde o deseño ata o produto, produción e interpretación   do conto.  Deste xeito, favoreceuse o desenvolvemento do  traballo colaborativo, o fomento da lectura e a utilización das ferramentas TIC e as aplicacións (Kinemaster, PicPac...). Ademáis desenvolveuse a autonomía e a  creatividade .

Hoxe, 23 de abril, DÍA do LIBRO, querémolo presentar a nosa comunidade educativa, especialmente aos nosos cativos.

Esperamos que o disfrutedes tanto como o alumnado que o realizou.

 


Tamén queremos ensinarvos a porta da nosa biblioteca decorada entre tod@s. O alumnado deseño dunha portada dun libro relacionado ca civilización traballada este curso no PDI.

 

 

Tamén queremos ensinarvos a porta da nosa biblioteca decorada entre tod@s. O alumnado deseño unha portada relacionado coa civilización traballada este curso no PDI.

 

 

Ademáis, na entrada, podedes ollar unha exposición cos libros máis antigos dos nosos fondos bibliográficos.

 

 

E.......ALGUNHA SORPRESIÑA MÁIS !!!!!!!!!!

ESTADE ATENT@S A NOSA WEB BENCHIÑ@S

 

MARCAPÁXINAS 3D

Bo día,

O alumnado de quinto de primaria segue a traballar nos deseños en 3D.

Nesta ocasión as súas creacións son uns marcapáxinas coa mascota da biblioteca, Bencho; como protagonista. Despois de colorealos , estes marcapáxinas entregaranse como agasallos aos lectores e lectoras de cada mes.

Para comezar a túa colección, lecturas a mogollón!!!!

Apertas!

PAZ CREATIVA

Bo día,

O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e no Bencho bailamos, fixemos manualidades e creamos unha pomba da paz coa impresora 3D que levaron de agasallo os máis pequechos  de educación infantil.

Xunto a pomba vai un código QR que nos leva ao blogue da biblioteca.

Mirade que guapos e guapas. 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Bo día,

Desde hai varios cursos vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS e ,como sempre, Bibliobencho quere aportar o seu gran de area.

Este ano o equipo de bibblioteca coordinou unha serie de traballos e experimentos que os titores e titoras desenvolveron co seu alumnado. 

Por unha banda, e relacionando a ciencia co PDI do centro As ANTIGAS CIVILIZACIÓNS, os alumnos e alumnas desenvolveron pequenos traballos de investigación sobre as aportacións que viquingos, gregos,celtas, maias... fixeron á ciencia.

E por outra banda, o alumnado  participou en experimentos moi chulos que podedes ver nesta entrada.

Ata outra.

 

 (Prema nos elementos interactivos)

AGASALLOS PARA OS MÁIS LECTORES

Bo día !

Este curso entregaremos  un pequeno presente aos estudantes  que  máis libros len durante o mes . Bencho , a nosa mascota da  biblioteca, convertida en chaveiro grazas ao deseño e a impresión 3D.

 A disfrutar da lectura en BIBLIOBENCHO.

Ata pronto!!!!

 

 

 

 

 

 

DESEÑOS SOBRE O 25N

Bo día !

 O día contra a violencia de xénero , o 25 de novembro, o alumnado de quinto de primaria participou nun obradoiro de deseño 3D . Entre todos os deseños presentados os nenos e as nenas dese curso escolleron os logos que máis lles gustaron. 

Agora a impresora 3D traballa duro para poder repartir entre todo o alumnado do colexio os distintos deseños seleccionados. Tamén se adxunta un código QR que nos leva ao blog da biblioteca onde poden curiosear as novidades lectoras e outros aspectos de interese.

Aquí deixamos uha mostra dos deseños gañadores e á clase de sexto A co seu agasaio.

Ata pronto.

Un saúdo!

SEMANA DA PROGRAMACIÓN 2020 (CODE WEEK)

Do 10 ao 25 de outubro celebrouse a Semana da Programación da Unión Europea que ten como obxectivo achegar ao alumnado a programación e o alfabetismo dixital dun xeito interesante e lúdico.

Por suposto no Bencho participamos con varias tarefas:

  •  O alumnado tivo que colorear  segundo o código marcado e descubrir que debuxo aparecía e todo relacionado co PDI As Antigas Civilizacións .

  • Tamén entregamos diplomas por aulas por o traballo ben feito:

  • Outra das actividades "desenchufadas" realizouse na clase de educación física xogando ao Robot Cego. Un alumno/a fai de robot e outro/a alumno/a fai a programación do percorrido.

 

E aínda temos outras sorpresas. EStade atentos a web do cole.

Unha aperta. 

 

 

 

CREBACABEZAS COA IMPRESORA 3D

Ola!!

Coas impresoras 3D aproveitamos a facer material para as diferentes  actividades.

Para o Proxecto Dinosaurio que estaban a desenvolver o alumnado de quinto de educación infantil fixemos uns crebacabezas moi chulos.

 

 

SEMANA DA PROGRAMACIÓN

Bo día!!!!

Seguemos recuperando actividades de biblioteca creativa. Nesta ocasión , para celebrar a semana da programación ( CODE WEEK),  imos ver como o alumnado de segundo fai bailar un escornabot ao ritmo de Corre corre cabaciña .

Bailou moi ben !!! Non si?

Unha aperta.

GAÑADORES CONCURSO 3D

Ola!

Antes do confinamento fixeramos un concurso de deseño 3D para o alumnado de sexto de primaria. O deseño gañador entregaríase como agasallo aos participantes do Multixogo 2020 ( actividade que non se chegou a celebrar). 

Os catro finalistas foron Jimena Curieses , Marcos Blanco , Antía Saco e Gisela Párraga sendo ésta última a gañadora do concurso cun diseño baseado nun bocadillo de cómic. A gañadora entregouselle un agasaio sorpresa.

Moitas grazas a todos os participantes.

Equipo Biblioteca.

DESEÑO GAÑADOR

Distribuir contido


by Dr. Radut