Skip to Content

Biblioteca creativa

INICIO Á PROGRAMACIÓN II

Boa tarde.

Seguen os traballiños que imos recuperando de Biblioteca creativa. 

Outra clase de inicio á programación. Neste caso seguindo co Proxecto Documental Integrado deste curso( As festas e gastronomía en Galicia) o alumnado ten que facer o percorrido marcado para o cociñeiro.

Tanto o cociñeiro como as fichas do xogo se imprimiron en 3D no colexio.

INICIACIÓN A PROGRAMACIÓN

Bo día.

O alumnado de infantil dá os primeiros pasos en programación coa profe Nancy. Nesta ocasión teñen que seleccionar os ingredentes para facer unha sobremesa. Primeiro, programar coas fichas colocándoas en orde e ,despois, dar esa orde ao escornabot.

Mirade nestas fotos como xogan e aprenden.

Bravo por eles!

 

 

 

NOVIDADES NO ESPAZO CREATIVO

SIIIIIII!!!!!!!

Por fin temos no espazo creativo da biblioteca a nova impresora 3D . A espera foi longa pero ...xa está no cole, lista para traballar.

Queremos agradecer a Carmen Sanmartín o seu traballo e as xestións levadas a cabo para que o profesorado recibiramos a formación e as impresoras chegaran ao seu destino.

Tamén queremos agradecer ao equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galiza que poidamos formar parte deste ambicioso proxecto de BIBLIOTCAS CREATIVAS e felicitalos polo seu traballo e dedicación.

Así, no espazo creativo da biblioteca podemos disfrutar dos escornabot, das tablets, mesas de luz ,de crebacabezas,  xogos matemáticos... e agora da impresora 3D.Todo o mundo a facer os seus diseños.

CONCURSO DE DESEÑO EN 3D

Primeiro concurso de deseño de 3D para o alumnado de 6º de primaria. O obxectivo é diseñar o agasallo para os participantes do Multixogo que se celebrará no noso centro no mes de febreiro.

Preme na imaxe para informarte e anímate a participar!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut