Skip to Content

Biblioteca creativa

MAKEY MAKEY

Entre outras actividades realizamos a maqueta dun volcán coas súas partes en varios idiomas e programación no Scracth a explicacióndelas para que o conectar dita maqueta a placa Makey Makey o alumnado do colexio puidera acceder a dita explicación.

Tamén, dixemos algo similar para explicar os diferentes ecosistemas.

Observamos a conductividade dos diferentes materiais ca Makey Makey.

 

O alumnado de 4º traballlou a conductividade e os diferentes órganos corporais utilizando este recurso. 

 

MOUSSE E ESCORNABOTS

Ao longo do curso, o alumnado de Educación Infantil practicou o desenvolvemento computacional xogando cos Escornabot e os Mousse da nosa biblioteca creativa.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasaron e cantas cousiñas aprenderon.

      

      

         

 

        

OBRADOIRO DE LETTERING

Estes días, o alumnado de 6º Educación Primaria, tivo ocasión de realizar un obradoiro de Lettering.

Este obradoiro desenvolvese dentro do programa de Biblioteca Creativa dos centros PLAMBE que xestiona a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia e o cal pertence o noso colexio.

Grazas a Belén Lamela, @nacu.es.

Preme na imaxe para acceder ao vídeo.

 

 

 

      

MALETA CREATIVA

Ola

Temos na biblioteca do colexio a MALETA VIAXEIRA CREATIVA!!!!

Esta maleta contén unha morea de libros, contos e xogos relacionados co Curruncho Creativo.

Lembrade que son para CONSULTA EN SALA, non son para servizo de empréstito.

Desfrutade moito!!!!

                                                       

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Bo día,

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o pasado venres 11 de febreiro os rapaces e as rapazas de Sexto A ,construiron un estómago e un corazón, amosando como os ácidos do estómago descompoñen os alimentos e de que xeito o corazón bombea o sangue.

 

Semella que temos futuras científicas¡¡¡

 

                                                          

DESEÑOS 3D : NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Bo día,

Este curso , entre as moitas actividades que se fixeron o día de NON A VIOLENCIA DE XÉNERO-25N, celebrouse un concurso de deseños en 3D no que participou o alumnado de quinto de primaria.

Non puidemos imprimir as creacións nin repartilas entre o resto dos alumnos por mor de problemas técnicos coa impresora 3D. Esperamos que ao longo do curso poidamos imprimir outras creacións.

Houbo deseños de todo tipo , moi creativos pero imos salientar as creacións de: Lucas Díaz e Pablo González de 5ºB e Ainhoa Leites e Bruno Feijoo de 5ºA de educación primaria.

Aquí deixamos unha foto coas creacións .

Moi chulas, non sí?

SAÚDOS E BOAS FESTAS !!!

 

                                                                                      

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola a tod@s,

Durante todo o mes de novembro a rapazada do Bencho traballou arreo.

Investigaron sobre científic@s e prepararon experimentos que logo presentaron na nosa I Feira de Ciencia en Galego ao resto dos compañeriros.

Aquí tedes unha pequeniña mostra dos seus proxectos.

Agardamos que vos guste tanto coma nós.

Premede nas imaxes para acceder os vídeos.

                   

 

                  

 

 

PIANO MAKEY MAKEY

O martes para finalizar este curso escolar tivemos un conciertiño.

A rapazada do Bencho puedo tocar un piano construido cartón, papel de aluminio, coas placas Makey Makey e programado con Scratch.

aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

 

                                             

 

 

 

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da Familia a rapazada de 4ºB realizou unha tarxeta coa que agasallar a súa familia. Fixeron un circuito en papel utilizando cinta de cobre, led e unha pequena batería.

Mirade que ben lles quedaron!!!!!!

 

Obradoiro de E-textiles e Makey Makey

O alumando de terceiro de primaria tiveron a sorte de participar nun obradoiro  de E- textiles e Makey Makey, organizado pola biblioteca, no que se iniciaron nos circuitos eléctricos e na programación con SCRATCH.

Distribuir contido


by Dr. Radut