Skip to Content

SEMANA DA PROGRAMACIÓN 2020 (CODE WEEK)

Do 10 ao 25 de outubro celebrouse a Semana da Programación da Unión Europea que ten como obxectivo achegar ao alumnado a programación e o alfabetismo dixital dun xeito interesante e lúdico.

Por suposto no Bencho participamos con varias tarefas:

  •  O alumnado tivo que colorear  segundo o código marcado e descubrir que debuxo aparecía e todo relacionado co PDI As Antigas Civilizacións .

  • Tamén entregamos diplomas por aulas por o traballo ben feito:

  • Outra das actividades "desenchufadas" realizouse na clase de educación física xogando ao Robot Cego. Un alumno/a fai de robot e outro/a alumno/a fai a programación do percorrido.

 

E aínda temos outras sorpresas. EStade atentos a web do cole.

Unha aperta. 

 

 

 



page | by Dr. Radut