Skip to Content

PLAMBE

PLAMBE

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora desde o  curso 2005 o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) co fin de transformar as bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe.

Nesta iniciativa participa o ceip plurilingüe benchoshey desde o curso 2014-2015. Para o curso 2017-2018 o número total de  centros integrados neste plan son 646 (630 públicos e 16 concertados).

A incorporación  a este plan supón un apoio extra por parte da Administración educativa para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios para a prestación dos servizos da biblioteca. De feito, Os centros que se integran neste programa reciben, ademais dos recursos económicos, formación, asesoramento continuado e acompañamento por parte da D.X. de Centros e Recursos Humanos, responsable do programa, a través da Asesoría de bibliotecas escolares; por outra parte, o profesorado responsable e coordinador dos equipos de biblioteca destes centros participa dun foro profesional no que se comparten informacións, experiencias e propostas de traballo ao longo do curso escolar.

Desde a biblioteca escolar procuramos un cambio metodolóxico , traballando mediante aprendizaxes baseados en proxectos. Cando o facemos todo o centro son proxectos documental integrado( PDI).

  • 2014-15: a horta de bencho
  • 2015-16: as olimpiadas no bencho
  • 2016-17: benchoshey, territorio de arte
  • 2017-18: emociónate na biblio

 

 

 “El cerebro necesita emocionarse para aprender”. José Ramón Gamo(neuropsicólogo infantil )

 

 

Esperamos un curso cheo de emocións.

DÍA DO LIBRO 2024

Bo día familias,

Para celebrar o Día Internacional do Libro fixemos unha morea de actividades de aula: marcapáxinas, concursos... pero a actividade raíña da semana do libro no Benchoshey, sen dúbida, é o APADRINAMENTO LECTOR!!!

O equipo de biblioteca preparou e coordinou esta actividade que  lle encantou ao alumnado!!!

Ó desfrutar dun día de sol as/os lectoras/es e os/as "afillados/as" buscaron recunchos moi chulos para a lectura.

Deixamos unha escolma de fotos.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DO LIBRO 24

DÍA DA ÁRBORE 2024

Bo día,

O pasado 22 de marzo , para celebrar o Dïa Internacional da Árbore, a rapazallada do Benchoshey saiu A Chaira para plantar árbores.

Traballaron moito e pasárono mellor aínda!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DA ÁRBORE 2024

DÍA DO CÓMIC

Seguimos traballando O PDI: A banda desñada no Benchoshey e neste caso, a actividade foi unha exposición de cómics vintage para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC ( 11 DE MARZO).

Chegaron auténticas xoias...

PDI BANDA DESEÑADA

Como sabedes o Proxecto Documental Integrado sobre o que xiran todas as celebracións deste curso é A Banda Deseñada .

Cada clase ten o seu cómic preferido e o representan deste xeito ....Ollade!!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> PDI : BANDA DESEÑADA

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA NOS RECREOS

O alumnado pode disfrutar de varias actividades e xogos na biblioteca. Cada curso ten un recreo para uso e disfrute da biblioteca .

Álbum: CURSO 23-24 -> ACTIVIDADES NA BIBLIO NOS RECREOS

DÍA DA MULLER: ILUSTRADORAS

Continuando coas celebracións do Día Internacional da Muller , o Equipo de Biblioteca organizou e coordinou a actividade ILUSTRADORAS. Con este tema a actividade está relacionada co Proxecto Documental Integrado deste curso "A BANDA DESEÑADA".

O alumnado escolleu as ilustradoras máis salientables facendo un traballo de investigación con estes resultados...

Álbum: CURSO 23-24 -> ILUSTRADORAS DÍA DA MULLER 24

TEATRO IGUALDADE

Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller foi o TEATRO DE IGUALDADE.

A actriz e escritora Raquel Queizás escenificou a obra SOMOS IGUAIS  e o conto "Artur e Clementina" para 1º, 2º, 3º de primaria e para os máis maiores " CONTOS POLA IGUALDADE NA TÚA MAN".

Álbum: CURSO 23-24 -> TEATRO IGUALDADE

DÍA DE ROSALÍA 2024

Bo día familias,

O 23 de febreiro adícase o día a Rosalia de Castro , coincidindo coa data do seu 187 aniversario.

Nesta ocasión celebrámolo lendo poesías da autora durante a Hora de Ler.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DE ROSALÍA 2024

A MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024

Bo día.

O día 11 de febreiro está adicado A Muller e a nena na Ciencia e neste curso o alumnado estivo facendo un traballo de investigación de científicas destacadas ao longo da historia.

O produto final está exposto no corredor de saída do colexio e todos/as coñecemos algo máis das mulleres na ciencia.

Bravo por os/as investigadoras/res do Benchoshey!!!!

Álbum: STEAM 23-24 -> A MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut