Desde o CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense), chéganos esta reprodución dunha situación real que se deu na biblioteca e que dá conta da importancia que cobran xa as rutinas "bibliotecarias" na vida cotiá das nenas e dos nenos deste centro. Porque "xogar ás bibliotecas" tamén é divertido!
Fomento da lectura
Moita, moita poesía...
O curso precipítase cara ao mes dos libros, pero antes fai unha paradiña na poesía, de forma significativa. O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. a instancias da UNESCO, e as bibliotecas escolares aproveitan para estimula a lectura deste xénero e para encher corredores e aulas de palabra poética.
"Como expresión profunda do espírito humano, como arte universal, a poesía é unha ferramenta de diálogo e achegamento. Ao dar acceso á expresión auténtica dunha lingua, a difusión da poesía contribúe ao diálogo entre as culturas e ao entendemento mutuo", afirma Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo desta celebración.
Velaquí algúns materiais e iniciativas levadas a cabo polas bibliotecas escolares:
- CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Proposta Día da Poesía
- CEIP de Andrade (Pontedeume): Un poema, un agasallo -- Imos facer un poema dadaísta -- Como non ler un poema
- CEIP Castrillón-Coiro (Cangas): Recital poético
- CEIP de Cespón (Boiro): Proposta Día da Poesía
- CEIP Frián-Teis (Vigo): Así celebramos o Día da Poesía
- CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas): Tecendo poemas
- CEIP Porto Cabeiro (Redondela): Día da Poesía lendo a Rosalía e a Díaz Castro
- CEIP Quintela (Moaña): Marzo, mes da poesía -- Día da Poesía
- CEIP Ría de Vigo (Vigo): Día da Poesía
- CEIP Saco e Arce (Toén): Poesía na equipaxe
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza-Mugardos): Escolma poética -- Recital de poesía
- CEIP Serra-Vincios (Gondomar): Viaxe pola poesía
- CPI da Cañiza (A Cañiza): 21 de marzo, Día da Poesía (recursos e propostas)
- CPI Tino Grandío (Guntín): Obradoiro de Rap con García MC
- EEI Barrionovo (Sanxenxo): Poética mariñeira
- IES Agra de Raíces (Cee): 21 de marzo, Día Mundial da Poesía
- IES As Lagoas (Ourense): 21 de marzo
- IES de Fene (Fene): Día Internacional da Poesía
- IES Illa de Tambo (Marín): Día da Poesía
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces): Día Internacional da Muller e Día Mundial da Poesía
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas): O bosque das linguas do amor
- IES de Poio: Día da Poesia. Apadriñamentos lectores - Poesía visual
- IES Ribeira do Louro (O Porriño): Escola poética para o Día da Poesía -- Poesía visual -- Lendo cos maiores en Torneiros
- IES San Paio (Tui): Primavera e/é Poesía (escolma poética) -- Primavera e música -- A poesía e a primavera con música entran
- IES Xoán Montes (Lugo): Pegadas poéticas --"A pantasma da casa da matanza" e Rosalía de Castro
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria): Día Mundial da Poesía
E como achega de interese, incorporamos aquí a entrada que fixo Agustín Fernández Paz no seu blog para este día: Chove para que eu soñe, tomando prestado o verso de Uxío Novoneyra.
Darlle a volta á celebración a favor da poesía
Febreiro garda unha data con tintes comerciais pero que se pode aproveitar para achegar a rapazada á poesía e a narración amorosa. As bibliotecas escolares, atentas aos intereses do alumnado, búscanlle as voltas ao 14 de febreiro e propoñen lecturas de autores clásicos e actuais. A cuestión é dar vida e voz aos textos que expresan un dos sentimentos máis potentes do corazón humano.
- Boletín de San Valentín. IES Fernando Esquío (Neda)
- 14 de febreiro, poesía e bombóns. IES Moncho Valcarce (As Pontes)
- Lecturas sobre o amor. IES Rafael Dieste (A Coruña)
- A voltas co amor. IES Pazo da Mercé (As Neves)
- Amar a mares (guía de lecturas). EEI Barrionovo (Arteixo)
- Cita a cegas... cun libro. CEIP Saco e Arce (Toén)
- Bicos de libro. CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos)
- Literatura e amor. CEIP Frián-Teis (Vigo)
- Historia de amor de Dona Inés. CEIP da Gándara (Monforte de Lemos)
- Bicos de cine. IES Concepción Arenal (Ferrol)
- Fermosas palabras de amor. CEIP Quintela (Moaña)
- CaligrAMAR:IES Xoán Montes (Lugo)
- 14 de febreiro: Amando a Natureza. CEIP Espedregada (Poio)
- Semana de amor e amizade na biblioteca I -- II. CEIP de Andrade (Pontedeume)
- +SELECCIÓNS DE LECTURAS
Lectura dixital na Hora de Ler
Voluntariado de Lectura-A, en marcha.
Son moitas as bibliotecas que contan con alumnado colaborador e todas e todos eles están realizando, de seguro, unha actividade de voluntariado cultural, de voluntariado de lectura. Na imaxe,colaboradora de biblioteca do CEIP Mestres Goldar (Vigo)
Pero ademais, algúns centros acolléronse á iniciativa "Voluntariado de Lectura -A" da Consellería de Cultura, Educación e O.U., que procura, en consonancia con esta dinámica xa creada nas bibliotecas escolares, contribuír á formación das nenos e dos nenos en actitudes de solidaridade e de colaboración ao ben común e, tamén, vinculalos á actividade lectora. Comezan a chegar algunhas novas sobre actividades encadradas nesta iniciativa:
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Avós ilusionados (sesións de contacontos en residencias de maiores)
- CEIP de Covas (Viveiro, Lugo): Visita á residencia de anciáns (sesión de contos co kamishibai, poemas, cancións...)
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Visita ao Centro de Día de Maiores de Toén (contos, dramatizacións, cancións, xogos...)
Resolución da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2013/2014
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unniversitaria fai pública no Portal Educativo, a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario (ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Adultos, Ensinanzas de Réxime Especial), para o curso 2013/2014. Un total de 209 centros con club de lectura (un ou varios grupos) reciben axuda para o funcionamento desta iniciativa, encadrada no programa Hora de ler, para o fomento da lectura nos centros de ensino.
Lecturas para tempos fríos
- CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Un libro polo Nadal
- CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba, A Coruña): Guía de Nadal 2013
- CEIP Castrillón-Coiro (Cangas, Pontevedra): Feliz Nadal de lecturas
- CEIP Cedeira (Redondela, Pontevedra): Este Nadal abre un libro e viaxa polo mundo adiante
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra: Tríptico Nadal 2013/2014
- CEIP CouceiroFreijomil (Pontedeume, A Coruña): Güino recomenda este Nadal
- CEIP Curros Enríquez (A Coruña): Nadal 2013
- CEIP de Bandeira (Silleda, Pontevedra): Un libro polo Nadal -- Lemos onde nos peta
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Nadal 2013
- CEIP de Guillarei (Tui, Pontevedra): Regala maxia, regala un libro
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño, Pontevedra): Ler en galego
- CEIP de Pazos (Ferrol, A Coruña): No Nadal, libros!
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): Recomendacións de lectura para o Nadal
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): INFANTIL - 1ºCICLO -- 2º e 3º CICLO
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Lecturas para o Nadal
- CEIP Esteiro (Ferrol, A Coruña): Recomendacións de Nadal
- CEIP Julio Gurriarán (Barco de Valdeorras, Ourense): Recomendacións para Nadal
- CEIP Isaac Perañ (Ferrol, A Coruña): Guía de lectura Nadal 2013
- CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela, A Coruña): Boas lecturas
- CEIP de Louro (Muros, A Coruña): Nadal 2013
- CEIP Luís Tobío (Viveiro, Lugo): Agasalla con lectura
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra): Ler... a fartar!!!
- CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos, Pontevedra): Recomendacións de lecturas para o Nadal
- CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña): Comer e cantar
- CEIP Os Casais (Fene, A Coruña): INFANTIL -- 1º Ciclo -- 2º Ciclo -- 3º Ciclo -- Inglés -- Adultos
- CEIP O Ramo (Fene, A Coruña): Recomendacións Nadal 2013
- CEIP Pedro Caselles Rollá (Xove, Lugo): Neste Nadal Flora recomenda...
- CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra): Guía de Nadal 2013
- CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Recomendacións lectoras para o Nadal
- CEIP Plurilingüe Ría de Vigo (Vigo, Pontevedra): Lecturas de agasallo polo Nadal
- CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela, Lugo): Para este Nadal...sentimentos e emocións.
- CEIP Porto Cabeiro (Redondela, Pontevedra): Calquera día é bo para a lectura
- CEIP Ramón de Artaza (Muros, A Coruña): Guía de lecturas de Nadal
- CEIP Rosalía de Castro (O Grove, Pontevedra): Un libro, un amigo!
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): No Nadal aventúrate a ler
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza, A Coruña): Que libro queres ler?
- CEIP Seis do Nadal (Vigo, Pontevedra): Un libro, o mellor agasallo
- CEIP Terra Cha (Román-Vilalba, Lugo): Guía de recomendacións para o Nadal 2013
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña): O mellor agasallo... un libro
- CEIP Víctor López Seoane (A coruña): Nadal 2013
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña): Guía de Nadal 2013
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Lectura para o Nadal 2013
- CPI A Cañiza (A Cañiza, Pontevedra): Porque LER tamén é Nadal
- CPI Dr. López suárez (Friol, Lugo): "Este Nadal, vou aproveitar lendo na casa antes de bailar"
- CPI de Pontecesures (Pontevedra): Recomendacións de Nadal
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Guía de lectura sobre os Dereitos Humanos. Nadal 2013
- CPI Tino Grandío (Guntín, Lugo): Libros para agasallar este Nadal
- CPI de Xanceda (Mesía, A Coruña): Especial Nadal 2013
- CPI Luís Díaz Moreno (Baralla, Lugo): No Nadal... lectura!
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de Nadal 2013
- IES Alexandre Bóveda (vigo, Pontevedra): Recomendacións para un Nadal de libros
- IES David Buján (Cambre, A Coruña): Guía Nadal 2013
- IES de Fene (Fene, A Coruña): Suxestións de lectura para o Nadal
- IES Eduardo Blanco Amor (Ourense): Suxestións de lecturas
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Regalemos libros!
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo): Un Nadal de libro
- IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra): Nadal de libros
- IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo): Recomendacións para o Nadal 2013
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña): Nadal 2013
- IES Macías O Namorado 8Padrón, A Coruña): Guía de Nadal 2013
- IES María Casares (Oleiros, A Coruña): Nadal 2013
- IES Marcos de Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra): Lecturasrecomendadas para o Nadal
- IES Monelos (A Coruña): Recomendacións de lecturas para o Nadal
- IES Monte Neme (Carballo, A Coruña): Tempo de ler
- IES Monterroso (Monterroso, Lugo): Nadal 2013
- IES Mosteirón (Sada, A Coruña): Guía de Lecturas Nadal 2013
- IES Nosa Sra. do Ollos Grandes (Lugo): Calendario de lectura
- IES Pedra da Auga (Ponteareas, Pontevedra): Ler en Nadal
- IES Poeta Añón (Outes, A Coruña): Recomendacións Nadal 2013 (especial cine)
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo): Vai moito frío fóra...
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): As nosas recomendacións lectoras para o Nadal
- IES Pontepedriña (Santiago de Compostela, A Coruña): Guía de Nadal -- 2 -- 3
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Guía de Nadal 2013
- IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Bo Nadal e boas lecturas!
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Extra Nadal
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): No Nadal agasalla aos que queres con libro galego
- IES Urbano Lugrís (Malpica, A Coruña): "Un libro é un estupendo agasallo... "
- IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra) : Guía Nadal Literatura 1 - Literatura 2 - Cómic - Cine
- IES Vilar Ponte (Viveiro, Lugo): Guía de Nadal 2013
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria, Lugo): Galego -- Castelán -- Francés
- IES Xunqueira II (Pontevedra): Guía de lectura de Nadal
- VARIOS CENTROS- A ESTRADA: Ler no Nadal senta xenial
- VARIOS CENTROS - BAIONA E VIGO: Guía Nadal 1 -- 2
- VARIOS CENTROS - O MORRAZO: Regala galego
- VARIOS CENTROS - MUXÍA (con colaboración da BPM, Concello e Deputación): Libros como area
- VARIOS CENTROS - O PORRIÑO: Recomendacións de lecturas para o Nadal
- VARIOS CENTROS - RIANXO (en colaboración coa B.P.M.): Tempo de acivros, tempo de libros.
Centros inscritos na inicitiva "Voluntariado de Lectura - A"
![]() |
O Portal Educativo publica hoxe a relación de centros inscritos na iniciativa denominada "Voluntariado de lectura - A", da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinada a recoñecer o traballo do alumnado do 3º Ciclo de Primaria que participa ns grupos de colaboradores de biblioteca do seu centro, e noutras actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. Os centros participantes enviarán memoria das actividades realizadas antes do 30 de abril de 2014. |
A lectura na axenda. Un exemplo desde o IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
Este blogue, que leva por título "Africa diversa", pode convertirse nunha referencia para todos os centros que queiran abordar algún tipo de traballo sobre este continente, toda vez que no mesmo se vai recompilando unha boa selección de recursos de todo tipo (vídeos, textos, artigos, outros blogues...), todos destinados a amosar unha visión desprexuizada das xentes e da realidade africanas.
Ler ciencia na biblioteca escolar do IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR on PhotoPeach
A biblioteca do IES Blanco Amor, de Ourense, aproveitou a data do 24 de outubro, Día da Biblioteca, e o cartel editado este curso pola consellería, para estimular a lectura científica entre o seu alumnado e para dar a coñecer á comunidade educativa os recursos informativos que ten á súa disposición. Esta exposición aproveitaba para difundir as posibilidades da biblitoeca escolar, da biblioteca municipal máis próxima así como da biblioteca nodal de Ourense.
Tamén no IES Torrente Ballester, de Pontevedra organizaron unha exposición de materiais relacionados coas ciencias. Ver AQUÍ
Libros que van e veñen. Orientacións para as familias
As bibliotecas escolares contemplan nos seus programas algunhas actividades pensadas para implicar ás familias na formación dos nenos e nenas como lectores. As mochilas viaxeiras ou as bolsas destinadas ao alumnado de infantil, e que serven para gardar o libro que collen en préstamo na biblioteca para levar á casa, son dous exemplos destes LIBROS QUE VAN E VEÑEN e que vinculan á biblioteca coa casa, espazos privilexiados para inciar aos máis pequenos na lectura. Editouse un tríptico informativo sobre as distintas posibilidades de colaboración entre a biblioteca e as familias que se envía xunto coas bolsas de "libros que van e veñen". A modo de exemplo:
As bibliotecas poden ofrecer:
- Un espazo reservado ás familiar: o recuncho dos pais e das nais
- Unha sección de materiais seleccionados segundo os intereses de nais e pais
- Programa de mochilas viaxeiras
- Actividades de lectura compartida
- Acceso a internet
- Recursos lectrónicos seleccionados
- Orientación sobre lecturas
- Guías de lectura, recomendacións de libros, cine, música...
- Club de lectura, faladoiros, tertulias. Cinefórum
- Obradoiros específicos (como ler un conto, como contar un conto...)
- Actividades como "Lemos xuntos" (Sanxenxo), para apoiar os vínculos familia-escola e lectura.
Espazo de "lecturas compartidas" no CEIP de Andrade
Segundo van cobrando vida, as bibliotecas escolares van creando novos espazos e atopando novas funcións que cubrir. Atender a todos os sectores da comunidade educativa significa poñer atención ás súas necesidades e ás súas formas de relación con respecto á lectura. Velaquí o novo espazo creado pola biblioteca do CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña), destinado ao intercambio de libros entre os adultos da súa comunidade e que chamaron acertadamente "Lecturas Compartidas". A disposición das cadeiras chama ao encontro e á conversa, tan necesarios.
Esta iniciativa súmase a outras anteriores nas que os centros recuperan pequenos espazos como "seccións" da biblioteca especialmente destinadas a pais e nais. En definitiva, trátase de abrir a biblioteca a todos os axentes que interveñen na formación dos pequenos lectores, pero que tamén queren vivir experiencias lectoras persoais e novidosas, en contacto con outros.
Ler ciencia na biblioteca escolar
En breve chegará aos centros o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship). A biblioteca escolar é unha biblioteca específica e así se recolle na actual Lei de bibliotecas de Galicia, no seu artigo 31. Polos seus obxectivos, polos serivzos que presta á comunidade educativa, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, xenera contextos educativos fértiles para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información e contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo.
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
Por outra parte, a incorporación do profesorado dos departamentos de ciencias aos equipos de biblioteca, diversifica as posibilidades de intervención da mesma e favorece o deseño de actividades plurais en contidos e imprescindibles para o desenvolvemento de todas as competencias básicas.
A biblioteca ten na ciencia unha fonte riquísima para realizar propostas de carácter interdisciplinar, que debe aproveitarse para que este tipo de actividades vaia callando en todo o profesorado e facilite realmente o desenvolvemento do currículo en todas as áreas e materias. É unha oportunidade tamén para avanzar nas estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos, e moi especialmente, un desafío para mellorar as habilidades de uso, selección e produción de información en todos os soportes, moi especialmente os recursos electrónicos. Aprender a valorar a información que se atopa en internet con criterios de credibilidade, veracidade, cientificidade, etc., é imprescindible para o noso alumnado; identificar, por exemplo, a pseudociencia entre a inxente cantidade de contidos audiovisuais que circulan por internet resulta difícil (ás veces incluso para os adultos), pero só a alfabetización mediática e informacional pode dotalos de recursos para poder facelo.
Libros que van e veñen
As nenas e os nenos de infantil van encher rúas e corredoiras de cores vivas, as destas pequenas mochilas para gardar o libro que escollen na biblioteca escolar para ler na casa, e cos da casa. "Libros que van e veñen" é unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura, que busca apoiar ao profesorado no seu labor de implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos desenvolvan hábitos de lectura.
Destinado ás familias, edítase un tríptico con orientacións e posibilidades de colaboración na casa e na escola, a través das actividades deseñadas pola biblioteca escolar. Este material (bolsas) enviarase aos centros, para o alumnado de ensino infantil, baixo demanda. Os trípticos pódense descargar desde aquí. (enviar solicitudes á Asesoría de bibliotecas escolares no correo habitual).
Convocatoria de Clubs de Lectura 2013/2014
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicaba o pasado 2 de setembro, no Portal Educativo (e no contexto do programa Hora de ler, para o fomento da lectura en centros de ensino), a convocatoria pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros de ensino secundario, correspondente ao curso 2013/2014.
Esta iniciativa vai destinada a aqueles centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional (tanto en réxime ordinario como de persoas adultas), ou ensinanzas de réxime especial. Distribuiranse un total de 165.000€ para custear os gastos derivados da actividade do club, fundamentalmente a adquisición de libros que, posteriormente se incorporan aos fondos da biblioteca escolar. (Na imaxe, un grupo de lectura do IES de Melide).
O prazo de presentación de solicitudes, segundo o modelo recollido no anexo I da convocatoria, remata o 11 de outubro de 2013.
VI Xornada dos Clubs de Lectura: vídeo-resume
VI Xornada dos Clubs de Lectura from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Marcos Calveiro: Ler, escribir, amar
Marcos Calveiro: "Ler, escribir, amar" from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Intervención do escritor Marcos Calveiro como peche da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interesante reflexión sobre a súa formación como lector e a súa actividade de escritor para mozas e mozos, entre outras cuestións sobre a lectura, os libros, as bibliotecas...
Contribución dos clubs de lectura á adquisición de competencias básicas
Mesa de experiencias: Clubs de lectura e competencias básicas from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Mesa de experiencias baixo o título "Participar nun club de lectura serve para adquirir competencias básicas", na VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interveñen coordinadores e coordinadoras de clubs de lectura en distintos centros de ensino secundario de Galicia:
- Begoña Valdés, do IES Ramón Otero Pedrayo, de A Coruña.
- Julio Abalde, do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra).
- Almudena Platero, do IES Xesús Ferro Couselo, de Ourense.
- Delio Chao, do CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo).
Lecturas para o verán 2013
Achégase o verán e as bibliotecas escolares galegas publican as súas recomendacións de lecturas, cine, música ou enlaces de interese, que serven de orientación aos distintos membros da comunidade educativa para manter o hábito da lectura de amplo espectro durante as vacacións:
- Bibliotecas escolares, municipais de Cambre, en colaboración : Un libro sempre tamén no verán.
- Bibliotecas escolares,municipais e librerías de Monforte de Lemos, Sober, Pobra de Brollón, O Saviñao e Bóveda, en colaboración: Lemos? 1 -- Lemos? 2
- Bibliotecas escolares de Porto do Son, en colaboración coa Biblitoeca Pública Municipal (Porto do Son, A Coruña)
- Bibliotecas escolares e municipales de Redondela (Pontevedra): Lecturas ao sol e á sombra
- Bibliotecas PLAMBE do Concello de O Porriño (IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios e CPI da Ribeira): Guía de lecturas para o verán.
- CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña), en colaboración coa BPM de Rianxo: Guía de lecturas para o verán 2013
- CEIP Agolada (Agolada, Pontevedra): Guía de verán 2013
- CEIP A Maía (Bertamiráns, A Coruña): Guía de lecturas para o verán
- CEIP A Ramallosa (Teo, A Coruña): Navega por un mar de libros
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): No verán, libros... tamén lerás
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Bo verán... con libros!
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Falares (pax. 81-82)
- CEIP do Castrillón - Coiro (Cangas, Pontevedra): Feliz verán de lecturas
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): Para medrar este verán, un libro terás a man.
- CEIP de Aguiño (Ribeira, A Coruña): Lecturas recomendadas veran 2013
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Lecturas de verán 1 -- Lecturas de verán 2
- CEIP de Esteiro (Ferrol, A Coruña): Recomendacións para o verán
- CEIP de Palmeira (Ribeira, A Coruña): Verán 2013
- CEIP de Pazos (Ferrol, A Coruña): Hora de ler!
- CEIP de Pedrouzos (Brion, A Coruña): Ler para viaxar, viaxar para ler.
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Lecturas de verán 2013
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): Déixate sorprender...
- CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): A arte de ler
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra): Boletín do lector. Verán 2013
- CEIP Figueroa, CEIP O Foxo, CEIP Plurilingüe Oca (A Estrada, Pontevedra) e CEIP NosaSeñora das Dores(Forcarei, Pontevedra). Guía de lecturas conxunta
- CEIP Isaac Peral (Ferrol, A Coruña): Guía de lectura, verán 2013
- CEIP Julio Gurriarán (O Barco, Ourense): Recomendacións para o verán
- CEIP Milladooiro (Malpica, A Coruña): Querido papá
- CEIP O Ramo (Fene, A Coruña) : Recomendados verán
- CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove, Lugo): Deliciosas suxerencias para o verán... e bo apetito literario!
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Guía Verán Infantil -- 1º Ciclo - 2º Ciclo - 3º Ciclo
- CEIP Plurilingüe A Pedra(Bueu, Pontevedra): Guía de lecturas refrescantes
- CEIP Plurilingüe de Andrade Andrade (Pontedeume, A coruña): As cores do verán Prelectores -- Primeiros lectores -- Lectores autónomos
- CEIP Plurilingüe de Louro (Muros, A Coruña): Lecturas para o verán
- CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela, Lugo): Recomendación de lecturas para o verán
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): No verán, non pases de ler...
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza-Mugardos, A Coruña): INFANTIL -- PRIMARIA
- CEIP Terra Cha (Román-Vilalba, Lugo): Recomendacións para o verán 29013
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña): Ler ao sol... ou á sombra
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña): Guía de lectura verán 2013
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Lecturas para o verán
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Cantamos, bailamos, lemos
- CEIP Xesús Golmar (Lalín, Pontevedra): Ler no verán preto do mar...
- CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo, a Coruña): Libros como a area
- CPI Covaterreña (Baiona, Pontevedra): Guía de lectura verán 2013
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Tolos pola ciencia -- Suxestións de lectura para o verán
- CPI Vicente Otero Valcárcel (Carral, A Coruña): Recomendacións de lectura na voz do alumnado (vídeos)
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Mergulladores de historias
- EEI San Roque (Viveiro, Lugo): Guía de lecturas para o tempo de sol de de choiva
- IES Antón Losada Diéguez - IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra): selección feita por alumnado e profesorado dos clubs de lectura Na Estrada-525 e Retalladores do Galiñeiro, en colaboración.
- IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela, A Coruña): Neste verán, mergúllate na lectura
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Mirando o mar
- IES de Curtis (curtis, A Coruña): Para ler de sol a sol
- IES de Fene (Fene, A Coruña): Suxestións de lectura veran 2013
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Selección de lecturas para o verán, realizada polo alumnado do club de lectura "Os trasnos dos libros".
- IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas, Pontevedra), en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal: Ler no verán
- IES de Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra): Versos cálidos para días de lecer
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Ler tamén no verán
- IES Lagoa de Antela (Xinzo da Limia, Ourense): Cine e libros para o verán
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña): Recomendacións para o verán 2013
- IES Lucus Augusti (Lugo): Recomendacións para o verán
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Guía de lecturas para o verán
- IES Monelos (A Coruña): Lecturas para o verán
- IES Nosa Sra. dos OllosGrandes (Lugo): Mergúllate no verán cun libro na man
- IES O Mosteirón (Sada, A Coruña): Guía de lecturas para o verán
- IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña): Verán, un libro, un amigo
- IES Plurilingüe Fontexería (Muros, A Coruña): Nadar entre letras
- IES Pobra do Caramiñal (Pobra do Caramiñal, A Coruña): Recomendacións desde a biblioteca.
- IES Poeta Añón (Outes, A Coruña): Lecturas para o verán 2013
- IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña): Lecturas para o verán
- IES Rafael Dieste (A Coruña): As nosas suxestións para o verán 2013 8libros, música, cine...)
- IES Río Miño (Rábade, Lugo): Guía de verán 2013
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Vacacións para tod@s, lecturas para tod@s
- IES Urbano Lugrís (Malpica, A Coruña): E que chova ou quente o sol... este verán, lecturas a cachón!!!
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Lecturas para o verán
Gemma Lluch: Criterios para seleccionar libros para adolescentes
Gemma Lluch - Criterios para seleccionar libros para adolescentes from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Intervención de Gemma Lluch que daba inicio á VI Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 31 de maio en Compostela, coa asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura nos centros públicos de ensino secundario de Galicia.
VI Xornada dos Clubs de Lectura
O 31 de maio será a data para a cita anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura que están a funcionar en 222 centros de ensino público de Galicia no presente curso. Será xa a VI Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en sesións de mañá e tarde nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública).
Ao longo da xornada haberá ocasión para o encontro e o intercambio de experiencias; tamén está prevista a participación de Gemma Lluch, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, membro do grupo de investigadores ERI Lectura, da Universitat de Valencia. haberá un espazo para falar da "lectura social", a tendencia actual de intercambio de experiencia lectora a través das redes sociais, coa presenza dun dos impulsores de Redelibros, a rede social galega do libro, Xosé R. Lois. Poñerá fin á xornada o escritor Marcos Calveiro, un autor moi valorado polos lectores e as lectoras e con múltiples recoñecementos pola súa obra dentro e fóra de Galicia.
A VI Xornada dos Clubs de Lectura é unha oportunidade para coñecer as múltiples actividades que están levando a cabo os grupos de lectura creados en centros educativos de Galicia, que van constituíndose pouco a pouco e grupos de dinamización da lectura nas súas comunidades educativas de referencia, establecendo vínculos con outros grupos de lectores e contribuíndo a unha maior presenza dos libros e da lectura na vida social galega. Os clubs de lectura son unha das fórmulas de fomento da lectura coa xente nova, e cos adultos (preto dun 30% dos centros implicados teñen tamén grupo de lectura de adultos) , que máis contribúe á consolidación deste hábito, e á adquisición de competencia lectora (entre outras), esencial para a formación persoal e directamente relacionada co éxito académico.
A construción do lector. Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
No Día Mundial do Libro, nada mellor que a palabra de Agustín Fernández Paz, lector, escritor, mestre... falando da "construción do lector" nos pasados Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, celebrados en Compostela os días 7 e 8 de marzo de 2013.
Día Mundial do Libro 2013
"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)
Coma en anos anteriores, e para celebrar este Día Mundial do Libro o vindeiro 23 de abril de 2013, edítase un marcapáxinas cun texto orixinal co que unha autora, neste caso PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro), agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Esta edición conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e foi distribuído entre as bibliotecas do Plan de mellora de bibliotecas escolares. Pódese descargar AQUÍ
As bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as súas actividades para celebrar o Día do Libro, unha data clave no calendario civil anual para poñer en valor o libro e a experiencia lectora entre a comunidade educativa:
- CEE Miño(Ourense): Programa Semana do Libro - Contacontos polo Día do Libro - Vídeo
- CEIP A Maía (Bertamiráns, Ames): Abril, libros mil!
- CEIP Andrade (Pontedeume): Mes dos libros I -- Mes dos libros II-- Programación
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro): Día do Libro 23 abril de 2013
- CEIP A Pedra(Bueu): Actividades para o Día do Libro
- CEIP A Sangruiña (A Guarda): 23 abril, Día Internacional do Libro
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume): Día do Libro con...
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo): Actividades no mes dos libros
- CEIP de Bandeira (Silleda): O apadriñador de palabras -- Día do Libro
- CEIP de Cespón (Boiro): Programación para o Día do Libro
- CEIP de Figueroa (A Estrada): Abril, mes do Libro
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño): As mil e unha noites (curta de animación)
- CEIP de Oca: Semana do Libro 2013
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo). Día do Libro: actividades -- Lecturas recomendadas de Abril
- CEIP Escultor Acuña (Vigo): Boletín Día Mundial do Libro
- CEIP Filomena Dato (BArbadás, Ourense): Día Mundial do Libro
- CEIP Frián-Teis (Vigo): Preparando o Día do Libro --Apadriñamentos/amadriñamentos lectores
- CEIP Isaac Peral (Ferrol): Festa do Libro, da Lectura e da Palabra-- Día do Libro
- CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos): Semana do Libro
- CEIP MestreGoldar (Vigo): Apadriñamento lector, de novo a emoción...
- CEIP Milladoiro (Malpica): Lectores padriños 2013
- CEIP O RamO (Fene): programación do mes de Abril -- Apadriñamentos/amadriñamentos lectores -- Conto do día
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo): 23 de Abril, Día Mundial do Libro
- CEIP Quintela (Moaña). Conta que che conto: Os músicos de Bremen, na escola de O Con-- O oso atrapabolboretas, na escola de O Con
- CEIP Ría de Vigo (Vigo): 23 de abril - Apadriñamentos lectores
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás): Exposición de libros sobre a comarca - Día do Libro: visita de Lois Antón
- CEIP Rosalía de Castro (Xinzo da Limia): Abril e os libros
- CEIP Saco e Arce (Toén): Abril, mes dos libros
- CEIP San Roque de Darbo (Cangas do Morrazo): Programación 23 abril
- CEIP Seis do Nadal (Vigo). Exposición: Libros que falan de libros.
- CEIP Torre Cela (Bueu): ¿E tí por que les?-- Actividades Abril mes dos libros
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos): Exposición"Libros nos libros"
- CEIP Víctor López Seoane (A Coruña): Apadriñamentos lectores
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos): O día do libro en imaxes
- CPI A Cañiza (A Cañiza). Abril mes dos libros: Ler para vivir -- Marcapáxinas de Rosalía -- Expo Rosalía -- Guía
- CPI de Panxón (Nigrán): Día Mundial do Libro 2013. Vídeos de fomento da lectura realizado polo alumnado.
- CPI da Ribeira (O Porriño): Amadriñamentos lectores
- CPI de Vicente Otero Valcárcel (Carral): Día do Libro
- CPI dos Dices - Rois (Rois): Día do Libro
- CPI José García García (Ourense): Un libro, unha foto --Concurso: Un poema, unha flor
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal): Día do Libro 2013 (Lectura colectiva do libro "El ladrón de palabras")
- CRA Amencer (Ribadavia): Mes dos libros 2013 (exposición, apadriñamentos, lecturas na Praza Maior..)
- EEI Barrionovo (Arteixo): Día do Libro. "Só un libro" -- Día do Libro
- IES Alexandre Bóveda: Exposición, Un paseo pola Literatura no 23 de Abril
- IES Antón Losada Diéguez (A Estrada): Programación 23 de abril
- IES A Paralaia (Moaña): Días de poesía e libros. Abril 2013
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Aínda non liches???
- IES de Poio (Poio): As persoa libro
- IES Félix Muriel (Rianxo): 23 de abril, día do libro -- Carlos Negro no IES
- IES Fernando Esquío (Neda): O Principiño -- Outras actividades
- IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra): Exposición sobre a obra de Manuel Lorenzo González
- IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia): Mes dos Libros -- Lectoras e lectores cos seus libros
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Día do Libro 2013-- Exposición e actividades - Vídeo
- IES Poeta Añón (Outes)-IES Leliadoura (Ribeira): Encontro de clubs de lectura no Día do Libro
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz): Compartindo contos 2013
- IES Pazo da Mercé (As Neves): "Un libro, un amigo" (vídeo)
- IES Perdouro (Burela): 23 de abril, día Mundial do Libro
- IES Ribeira do Louro (O Porriño): Día do Libro e da Lectura -- Teatro lido
- IES San Paio (Tui): Libros de película -- Tui lee - - Imaxes I --
- IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños): 23 de abril, Día do Libro 2013
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria): Día do Libro
Pase ao "liberespazo"
"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños, comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo, moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti
No Día Mundial do Libro do ano 2008 dábamos a coñecer un texto-agasallo do escritor Carlo Frabetti para as Bibliotecas Escolares de Galicia: O liberespazo. Retomamos, cinco anos despois, aquel fermoso texto e aproveitamos esta cita para deseñar, xunto co ilustrador Andrés Meixide, un "pase ao liberespazo", destinado aos lectores e lectoras. Estes poderán ir recollendo as súas "viaxes" polos libros e, a través do visado da biblioteca (que dá fe destas viaxes), acadar a categoría de "libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo". Este material edítase en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do programa "Leer para aprender. Leer en la era digital".
Nos pasados Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares fíxose entrega de exemplares desta pequena publicación, con destino ás bibliotecas escolares do Plan de mellora. O profesorado interesado en empregar este "pase" co seu alumnado, pode DESCARGALO AQUÍ (imprimir a tamaño A5)e AQUÍ (con marcas de corte)
Desde a EEI Barrionovo, de Arteixo, chéganos esta primeira nova da súa presentación ás nenas e aos nenos do centro. E agora, noticia sobre os primeiros "libernautas".
+ LIBERNAUTAS no CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo)
2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil
O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado, un poema que remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Unha boa oportunidade para coñecer a existencia de distintas correntes artísticas, pictóricas e literarias, que enriquecen coa súa mirada o mundo no que nos tocou vivir.