Gallego

O novo programa Erasmus+ 2021 – 2027

Summary: 

Perspectiva xeral do programa Erasmus+ para o período 2021 - 2027.
Gallego

 

Con motivo da recente presentación do programa Erasmus+ 2021-2027, o pasado 25 de marzo pola Comisión Europea, o CAFI organizará o webinario O novo programa Erasmus+ 2021 – 2027, a cargo de  Beatriz Tourón Torrado, xefa da Unidade de Educación Escolar e de Persoas Adultas do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE).

Este webinario, emitido en aberto, ofrecerá unha perspectiva xeral do programa Erasmus+ para o período 2021 - 2027 e amosará como se pode participar dende os centros educativos.

Terá unha duración de 2 horas, nas que 30 minutos estarán adicados a responder ás preguntas das persoas asistentes.

 

 

Data: 29 de abril

Horario: 16:00 h - 18:00 h

Forma de participación: a través da canle de YouTube CAFI 

 

Webinario O novo programa Erasmus+ 2021 – 2027

Webinario "Facer eTwinning en EOI"

Summary: 

Webinario de formación dirixido a profesorado de EOI
Gallego

O 28 de abril tivo lugar o 5º webinario de formación do proxecto Erasmus+ SBLENDID, que une ao CAFI e ás Escolas Oficiais de Idiomas galegas nun consorcio para abordar os retos do ensino semipresencial. Esta sesión, impartida por Carmen Fernández, coordinadora do proxecto na EOI Coruña e experta en eTwinning, centrouse en como abordar este tipo de proxectos no ensino de persoas adultas en EOI.

O webinario pode visualizarse na seguinte ligazón e tamén pode accederse á presentación compartida nestoutro acceso.

A última actividade do presente curso académico 2020/21 será unha xornada de difusión que terá lugar o día 6 de maio ás 11:00 da mañá onde as persoas participantes na segunda mobilidade do proxecto compartirán as súas aprendizaxes. Esa mobilidade, de carácter virtual, foi o curso "Pedagogos dixitais", impartido por Europass Teacher Academy e achegounos a varios aspectos esenciais do ensino semipresencial: as estratexias de apoio social e emocional, o traballo colaborativo en espazos virtuais, a creación de recursos interactivos e a avaliación nesta modalidade. De estares interesado/a en asistir, pregámosche que te inscribas na seguinte ligazón.

 

informacion_webinario_carmen_fernandez

G2001061 - Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

Summary: 

Curso centrado na formación do profesorado para a procura dunha intervención en orientación académico-profesional inclusiva, na que o enfoque de xénero se adopte no traballo desenvolto neste senso, tanto a nivel de centro, como de aula.
Gallego

Código: G2001061

Datas: 09/04/2021 a 08/06/2021

Duración: 30 h

Data límite de inscrición: 21/03/2021

Modalidade: en Rede

Obxectivos

1.Reflexionar sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero na construción da identidade.

2.Fomentar a centralidade no emprego das rapazas e a corresponsabilidade dos rapaces.

3.Promover a diversificación formativa e profesional e a toma de decisións libre de estereotipos de xénero.

Contidos

1.Procesos de socialización e construción da identidade.

2.Análise de xénero do medio académico e do mercado laboral.

3.Estratexias de intervención con perspectiva de xénero.

 

Inscripcións abertas en Fprofe

Identidade libre de estereotipos de xénero

G2002129 - Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Curso 2020-2021

Summary: 

Xornadas virtuais para afondar nos proxectos internacionais: Erasmus+, eTwinning e outras propostas.
Gallego

Código: G2002129

Datas: 12 e 13 de marzo

Duración: 8 horas

Modalidade: virtual

Xornadas virtuais para afondar nos proxectos internacionais: Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Contaremos coa intervención de representantes do SEPIE, eTwinning , Teachers for Future, así como de diversos centros educativos tanto galegos como internacionais.

 

Obxectivos

1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.

2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.

3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.

 

Contidos

1.As distintas accións de educación do Programa Marco Europeo Erasmus +. As accións KA1 e KA2.

2.Outros programas.

 

Inscricións abertas en Fprofe

Xornadas internacionais

Cursos de formación sobre ensino mixto

Summary: 

A situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola Covid-19 esixiu facer modificacións de calado profundo na práctica educativa en tempo récord. Este curso é resultado dun proceso de sondaxe e investigación levado a cabo co fin de proporcionar ideas para o deseño de experiencias de aprendizaxe significativas ao tempo que flexibles. É dicir, dada unha situación de incerteza (como a actual ou outras que poidan ocorrer no futuro), o ensino mixto, abordado desde equipos coordinados horizontalmente, pode proporcionar a flexibilidade necesaria para garantir a continuidade da práctica educativa, ben sexa nun espazo presencial ou virtual.
Gallego

Tal e como se adiantou na presentación do Plan de Formación do Profesorado 2020/2021, a Rede de Formación do Profesorado, en colaboración con docentes de distintos sectores educativos, deseñou unha acción formativa orientada á aprendizaxe de dinámicas e recursos específicos que faciliten o paso dun ensino presencial a un ensino semipresencial ou a distancia.

Con este obxectivo, neste primeiro trimestre ofértanse seis cursos na Rede (Platega) de 50 horas, adaptados ás características específicas dos diferentes sectores:

  • Ensino mixto para educación infantil (G2001037)

  • Ensino mixto para educación primaria (G2001038)

  • Ensino mixto para educación secundaria (G2001039)

  • Ensino mixto para educación das persoas adultas (G2001036)

  • Ensino mixto para formación profesional (G2001040)

  • Ensino mixto para persoal de atención á diversidade (G2001041)

A inscrición realizarase a través de Fprofe (con data límite do 15 de setembro), empregando o código correspondente (www.edu.xunta.gal/fprofe/).

Imaxe: Listaxe dos códigos dos cursos Platega de ensino mixto

Plan anual de Formación do Profesorado 2019/20

Summary: 

Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/20
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2019/20.

Para consultas e inscricións en actividades formativas do vindeiro curso, cómpre entrar en www.edu.xunta.gal/fprofe

Descarga aquí o plan:

Plan Anual de Formación do Profesorado 2019/20
Plan Anual de Formación do Profesorado 2019/20

Plan anual de Formación do Profesorado. 2019/20

Summary: 

Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/20
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2019/20.

Para consultas e inscricións en actividades formativas do vindeiro curso, cómpre entrar en www.edu.xunta.gal/fprofe

Plan Anual de Formación do Profesorado 2019/20
Plan Anual de Formación do Profesorado 2019/20

Premios internacionais de alfabetización da UNESCO 2019

Summary: 

Convocatoria dos Premios internacionais de alfabetización da UNESCO 2019
Gallego

Xa poden presentarse candidaturas para os Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO, edición de 2019.

Estes premios valoran a excelencia e a innovación no campo da alfabetización, desde  1967. Recoñecéronse máis de 490 proxectos e programas emprendidos por gobernos, organizacións non gobernamentais e persoas de todo o mundo.

Cada ano, os premios organízanse arredor dun tema específico. O enfoque deste ano é sobre "Alfabetización e multilingüismo".

Estes premios compóñense actualmente dos dous Premios UNESCO de Alfabetización Rey Sejong, patrocinados pola República de Corea e dos tres premios UNESCO-Confucio de Alfabetización, patrocinados pola República Popular China.

O proceso de nominación levarase a cabo a través dunha plataforma na Rede. Os solicitantes poden acceder ao formulario de solicitude na Rede solicitando a creación dunha conta de usuario a través desta ligazón: www.unesco.org/ilp/account.

A data límite para as nominacións é o domingo 23 de xuño de 2019.

Tamén atopará información relevante no sitio web dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO: http://en.unesco.org/themes/literacy/prizes

Calquera consulta relacionada co proceso de solicitude e nominación debe dirixirse á Secretaría dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO (teléfono: +33 1 45 68 08 59; correo electrónico: literacyprizes@unesco.org ).

 

UNESCO
UNESCO

Convocatoria dos cursos de verán 2019 MEFP - UIMP

Summary: 

Vén de publicarse a convocatoria dos cursos de verán 2019 do Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Gallego

Trala publicación no BOE, o pasado día 9 de abril, vén de abrirse o prazo para presentar a solicitude de participación nalgún dos cursos de verán que parten do Ministerio de Educación y Formación Profesional, en colaboración coa UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo). Trátase dunha iniciativa cunha ampla traxectoria dentro da formación do profesorado. Este año inclúe catorce cursos de formación. Todos eles contemplan 30 horas presenciais no mes de xullo e, ademais, dez deles inclúen unha fase na Rede de 20 horas que se levará a cabo de setembro a novembro.

Estes cursos supoñen unha excelente oportunidade para que os docentes das distintas comunidades autónomas intercambien experiencias e coñecementos, o que supón, ademais dunha extraordinaria experiencia formativa, unha enriquecedora experiencia a nivel persoal.

Incluíronse nesta ocasión unha ampla variedade de temáticas, que cobren desde o pensamento computacional á coeducación, pasando polos proxectos colaborativos ou os recursos educativos abertos. Esta é a listaxe concreta:

 

Semana do 1 ao 5 de xullo

  • Sevilla: “Os espazos naturais como recursos educativos”
  • Madrid: “Metodoloxías innovadoras para unha nova escola (no centenario do Instituto-Escuela)”
  • Valencia: “Un REA é para sempre. Educación Aberta na aula”
  • Santander: “Aulas pola igualdade: o valor de coeducar”
  • Huesca: “Proxectos colaborativos en contextos plurilingües”
  • A Coruña: “FP e innovación tecnolóxica. Industria 4.0”
  • A Coruña: “Estratexias para a innovación metodolóxica nos ciclos formativos de FP”

 

Semana do 8 ao 12 de xullo

  • Madrid: “A arte como recurso educativo”
  • Tenerife: “Achégate ao Cosmos”
  • Sevilla: “Pensamento computacional e Intelixencia Artificial: de cero a cen nun verán”
  • Cuenca: “O papel de FOL (Formación e Orientación Laboral) e EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora) nos títulos de FP”
  • Santander: “A educación de persoas adultas. Máis alá dunha visión compensatoria”
  • A Coruña: “Aprendizaxe activa e significativa en clases STEM”
  • Valencia: “Avanzando cara a prácticas inclusivas nos centros escolares”

 

Para realizar a solicitude, os interesados deberán acceder á seguinte páxina: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/cursos-y-jornadas/cursos-verano-profesorado.html. Nela poden verse tanto o texto da propia convocatoria, cos pasos a seguir para a solicitude, como a descrición dos distintos cursos. Ademais, pode consultarse a entrada do blog co anuncio: https://intef.es/Blog/cursos-de-verano-2019. O prazo de solicitudes finaliza o 9 de maio ás 12 horas.

 

Existe un cancelo oficial de Twitter para la convocatoria: #MEFP_UIMP2019.

 

Cursos Verán MEFP - UIMP
Cursos Verán MEFP - UIMP

Felicitación de Nadal 2018

Summary: 

O CAFI deséxavos unhas felices festas!
Gallego
Felicitación de Nadal 2018
Felicitación de Nadal 2018