Gallego

OBSERVA_ACCIÓN Programa de Innovación educativa

Summary: 

Aberto o prazo de solicitude para participar no Programa de Innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN"
Gallego

O programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais" desenvolverase ao longo de 2 cursos coa finalidade de fomentar o desenvolvemento profesional en base ao Marco de Competencias Profesionais Docentes tanto na nosa comunidade como no marco do acordo interterritorial de colaboración coa comunidade de Castela e León.

  • Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución.

Para máis información pode dirixirse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación: Teléfono 981522411 ou no correo electrónico cafi@edu.xunta.es

OBSERVA_ACCION
OBSERVA_ACCION

G1602041 - Fortalecemento democrático: A educación e os valores europeos fronte aos radicalismos

Summary: 

Xornada que se celebrará o vindeiro venres 2 de xuño na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Gallego

Esta Xornada terá lugar o vindeiro día 2 de xuño na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela e terá unha duración total de 8 horas.

Está dirixida a reflexionar sobre diferentas estratexias de fortalecemento democrático dende a perspectiva dos centros educativos no contexto educativo galego, buscando promover valores de interculturalidade e favorecendo estratexias de prevención tanto da radicalización coma da violencia.

Ó longo desta xornada presentaranse recursos educativos para favorecer o fortalecemento democrático, traballaranse contidos coma a interculturalidade e o sentimento de pertenza ó entorno da Unión Europea e máis concretamente, a interculturalidade no contexto galego.

Preme aquí para facer a túa inscrición en fprofe.

Cabeceira das xornadas de fortalecemento democrático
Cabeceira das xornadas de fortalecemento democrático

Escolas creativas, empresas innovadoras

Summary: 

Semana Mundial da Creatividade e a Innovación Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017
Gallego

A creatividade e a innovación son elementos que viñeron interactuando coa contorna empresarial desde hai moito tempo. A medida que os mercados se fan máis competitivos, ambos os elementos adquiriron cada vez maior protagonismo á hora de desenvolver vantaxes competitivas para as organizacións.
A creatividade é a capacidade que posúe un individuo para idear algo novo e orixinal, mentres que a innovación é a arte de converter as ideas en produtos, procesos e servizos novos e mellorados. Ambas son ferramentas diferentes e á súa vez complementarias, polo que resulta fundamental que as empresas promovan unha filosofía de xestión creativa e innovadora que lles permita desenvolverse tanto vertical como horizontalmente, logrando unha cadea de valor competitiva e diferenciadora.
Partindo desta premisa, habemos de ser conscientes de que unha das claves para dispoñer dun modelo produtivo innovador e competitivo reside na educación. No caso de España, para conseguir un cambio de modelo debemos abordar este aspecto desde a base, que non é outra que a educación dos mozos que pasado un tempo compoñerán a base da forza produtiva española.
Neste contexto, con motivo da Semana Mundial da Creatividade e Ia Innovación, APD e a Xunta de Galicia organizan a xornada Escolas creativas, empresas innovadoras, na que expertos do ámbito educativo e empresarial debaterán e poñerán sobre a mesa temas como a promoción da creatividade na contorna laboral co fin último da innovación empresarial, a necesidade dunha adaptación eficiente dos actuais estudantes ao mercado de traballo ou a importancia de promover a incorporación e práctica do pensamento creativo nas aulas de educación de Galicia, atendendo ás demandas do mundo empresarial e do novo contexto económico.
Esperámoste o próximo 20 de abril na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 

Escolas creativas, empresas innovadoras

Visita de alumnos universitarios

Summary: 

O pasado 30.12.2016 o Cafi tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado
Gallego

O pasado 30.12.2016 o Cafi tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado nunha visita de máis de dúas horas. Nese tempo o director do Cafi, Ángel Rodríguez Sánchez e o asesor responsable do departamento de Formación e Innovación, Jesús Calvo Mallón, presentáronlle o sistema de formación permanente de profesorado da Rede de Formación da Consellería. Ademáis de explicarlles as diferentes modalidades formativas e focos prioritarios de formación, tamén tiveron oportunidade de introducilos no Modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede, así como no Marco Común de Competencias Docentes que o CAFI está a desenvolver no seo dunha alianza internacional ao abeiro do programa Erasmus+.

 

 

Visita de alumnos universitarios
Visita de alumnos universitarios

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Celebraránse o 26 de febreiro no CIFP "Compostela" Consulta o programa
Gallego

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Summary: 

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning"
Gallego

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning". Despois dunha ausencia máis longa do normal debido aos sucesivos cambios na plataforma, eTwinning volve ofrecer o seu curso de formación en liña para docentes, con materiais e metodoloxías totalmente renovadas e adaptadas aos últimos desenvolvementos da plataforma Queres coñecer mellor eTwinning e as súas posibilidades na aula? Gustaríache actualizar os teus coñecementos sobre o programa? Tes ata o 29 de xaneiro de prazo para rexistrarte.

Podes ler a descrición do curso neste documento. Atoparás as ligazóns á sede electrónica e ás instrucións para rexistrarse no curso aquí. Aqueles que completen satisfactoriamente as tarefas do curso recibirán unha acreditación equivalente a 70 horas.

Esperámoste!

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Summary: 

Curso presencial no CAFI
Gallego

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado