Gallego

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Estase a celebrar no CFR da Coruña a actividade formativa Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril.
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Angélica Sátiro en Dombate

Summary: 

Charla café de Angélica Sátiro en Dombate o 12 de xuño ás 17:00
Gallego

Café – coloquio con Angélica Sátiro
Creatividade en Infantil e Primaria
 
12 de xuño ás 17 horas no Centro de interpretación
Dolmen de Dombate
 
http://www.angelicasatiro.net/el-pais-entrevista-angelica-satiro-sobre-como-despertar-la-creatividad

Con máis de 200 libros pedagóxicos publicados e innumerables publicacións sobre creatividade e pensamento crítico na infancia, Angélica Sátiro é unha firme defensora de fomentar o pensamento crítico nos nenos, intentando que o sistema educativo conxugue o reflexivo co autónomo. Nos máis de trinta anos dedicados a educación foi conferenciante, creadora e asesora de proxectos de innovación educativa en máis dunha ducia de países de Europa e América. Outra das súas liñas de traballo é a chamada filosofía para nenos, avogando por aproveitar cada situación cotiá para que os nenos aprendan a pensar de forma creativa.

Angélica Sátiro
Angélica Sátiro

Unha metodoloxía eficaz para resolver conflictos nas aulas

Summary: 

Conferencia do profesor Juan de Vicente no IES Fernando Blanco
Gallego

Conferencia do profesor Juan de Vicente Abad no IES Fernando Blanco o venres 3 de maio ás 9:00 horas.

Ademáis impartirá un taller de resolución de conflictos no que participará o alumnado de 1º  e 2º da ESO.

Juan de Vicente Abad
Juan de Vicente Abad

G1802012 Xornadas de Educación Inclusiva. Curso 2018-2019

Summary: 

Actividade formativa dirixida a todo o profesorado que imparte docencia nos niveis non universitarios na que darán a coñecer prácticas inclusivas e se favorecerá o contacto dos centros educativos coas entidades con convenio que prestan atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Gallego

DATA: 30 de marzo.

LUGAR: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

A actividade ten por obxecto divulgar experiencias inclusivas na comunidade autónoma e promover a participación da comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

Educación inclusiva
Educación inclusiva

G1814001 XX Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2018-2019

Summary: 

O XX Foro Galego de educaión para a igualdade é unha actividade complementaria ao Plan Proxecta que se organiza desde a Secretaría Xeral de Igualdadade.
Gallego

DATAS: Venres 5 e sábado 6 de abril.

LUGAR: EGAP-Santiago de Compostela.

OBXECTIVOS:

1.Fomentar unha cultura de emprendemento, creatividade, innovación e excelencia.

2.Impulsar a iniciativa e participación activa do alumnado nos procesos de aprendizaxe como factor de transformación social.

3.Integrar a perspectiva feminina e masculina no traballo docente.

CONTIDOS:

1.Aplicación da perspectiva de xénero na promoción de actitudes e habilidades que configuran o talento: liderado, iniciativa e autonomía persoal.

2.Integración da variable xénero nas iniciativas para o fomento da creatividade persoal e social e da cultura emprendedora.

XX Foro galego de igualdade
XX Foro galego de igualdade

G1802070 Igualdade e retos

Summary: 

Xornada de formación adicada á igualdade e ás boas prácticas desde o ámbito educativo.
Gallego

Data: 9 de marzo

Lugar: EGAP Santiago de Compostela

Duración: 8 horas

Prazas: 250

OBXECTIVOS

Afondar no modelo coeducativo e introducir a perspectiva de xénero nas dinámicas educativas.

Coñecer prácticas educativas sobre igualdade que se desenvolven en centros educativos.

Visibilizar referentes femininos en entornos profesionais tradicionalmente masculinos.

CONTIDOS

O modelo coeducativo.

Boas pácticas educativas en igualdade.

A muller como referente en entornos profesionais tradicionalmente masculinos.

Inscrición aquí

Igualdade e retos
Igualdade e retos

G1801035 Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencias. Plan de Emerxencia-Evacuación

Summary: 

Actividade formativa promovida polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais
Gallego

Prazas libres na actividade formativa G1801035 Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencias. Plan de Emerxencia-Evacuación.

A actividade desenvólvese en Platega entre o 11 de febreiro e 25 de marzo.

Competencias profesionais

Membro dunha organización - Centros saudábeis e seguridade integral.

Membro dunha organización - Normativa.

Horas: 30 (na Rede)

Obxectivos:

1.Proporcionar unha formación específica, teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais.

2.Facilitar unha cultura preventiva e coñecementos para actuar como axente activo na elaboración, implantación e seguimento do plan de emerxencia-evacuación.

3.Coñecer os riscos específicos e a súa prevención no centro educativo e adquirir os coñecementos precisos para a elaboración do plan.

Contidos:

1.Módulo 1: Análise, xestión e planificación dos riscos laborais e medidas de emerxencia nos centros educativos.

   1.1.UD 1: Nocións básicas (a Lei de Prevención de Riscos Laborais).

   1.2.UD 2: Análise dos riscos, redacción e implantación das medidas de emerxencia.

   1.3.UD 3:  O risco de incendio: lume, tipos, prevención e protección e primeiros auxilios.

2.Módulo 2: O Plan de Emerxencia-Evacuación.

   2.1.UD 4: Identificación dos titulares e do emprazamento da actividade. Descrición da actividade e do medio físico no que se desenvolve.

   2.2.UD 5: Inventario, análise e avaliación de riscos. Inventario e descrición das medidas e medios de protección. Programa de mantemento das instalacións.

   2.3.UD 6: Plan de actuación ante emerxencias. Integración do plan noutros de ámbito superior. Implantación. Mantemento do plan.

Máis información en Fprofe

Plan Emerxencia-Evacuación

S1803003 Comunicar en igualdade

Summary: 

Con esta actividade proponse ao profesorado unha metodoloxía innovadora a partir da creación de imaxe e video coa que se pretende que as mensaxes en prol da igualdade cheguen de maneira efectiva ao alumnado dos centros educativos.
Gallego

OBXECTIVOS

1.Dominar a linguaxe inclusiva como modo natural de comunicación.

2.Recoñecer estereotipos de xénero nos distintos produtos culturais (cine, arte, literatura, música, publicidade, prensa etc)

3.Realizar produtos de comunicación social libres de estereotipos de xénero.

MODALIDADE: Mixta

DURACIÓN: 50 horas (30 presenciais  20 na Rede)

LUGAR: CAFI

DATA DE INICIO: 6 de febreiro

DATA DE FIN: 24 de abril

Comunicar en igualdade
Linguaxe inclusiva