Angélica Sátiro en Dombate

Charla café de Angélica Sátiro en Dombate o 12 de xuño ás 17:00
Mér, 12/06/2019 - 11:27
Angélica Sátiro
Angélica Sátiro

Café – coloquio con Angélica Sátiro
Creatividade en Infantil e Primaria
 

12 de xuño ás 17 horas no Centro de interpretación
Dolmen de Dombate
 
http://www.angelicasatiro.net/el-pais-entrevista-angelica-satiro-sobre-como-despertar-la-creatividad

Con máis de 200 libros pedagóxicos publicados e innumerables publicacións sobre creatividade e pensamento crítico na infancia, Angélica Sátiro é unha firme defensora de fomentar o pensamento crítico nos nenos, intentando que o sistema educativo conxugue o reflexivo co autónomo. Nos máis de trinta anos dedicados a educación foi conferenciante, creadora e asesora de proxectos de innovación educativa en máis dunha ducia de países de Europa e América. Outra das súas liñas de traballo é a chamada filosofía para nenos, avogando por aproveitar cada situación cotiá para que os nenos aprendan a pensar de forma creativa.