Skip to Content

Economía

Noraboa ao noso olímpico!

O equipo formado por David Fernández Rodríguez (IES Xoán Montes de Lugo), David Sande Rúa (IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e. Mateo Toro Diz (Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela, acompañados por Dña. Dolores Docampo Brea (Profesora de Economía do IES Rosalía de Castro) e Dña. Mª Beatriz López Soto (Profesora de Economía do IES Xoán Montes) finalizaron en terceira posición na clasificación por equipos da XI Olimpíada Española de Economía. Ademáis do logro que supón quedar entre os 3 primeiros na clasificación por equipos, tamén obtiveron un premio por resultar entre os 10 mellores clasificados individualmente. David Fernández Rodríguez é o primeiro alumno dun instituto lucense que consigue quedar entre os mellores clasificados, obtendo un meritorio octavo premio, consistente en diploma e dotación económica.

Noraboa aos semifinalistas de Young Business Talents 2018/2019!

Este curso estamos de dobre noraboa, non so un equipo quedou de finalista no Young Business Talents senón que todo o alumnado de economía que participou chegou a quedar de semifinalista e aquí posan cos seus diplomas. A perseverancia ten premio!

O alumnado de 4º da ESO:

Visita didáctica a Inditex

A de Inditex é unha cita anual moi esperada polo alumnado, que se mostra moi ilusionado, as súas expectativas sempre quedan satisfeitas e salientan o enriquecedor da experiencia. Este ano fomos a Arteixo o luns 13 de maio o alumnado de 2º de bacharelato da materia de Economía da Empresa, e algún máis de Fundamentos de Administración e Xestión, ata alcanzar os 20 de cupo máximo coas profesoras, agradecemos moito a Mª José Carral Río que nos acompañase de tan bon grado.

Foi un día especial porque ademais era o último de clase antes de fin de curso así que aproveitei para desexarlles moita sorte.

Aquí tedes unha mostra gráfica da viaxe cara a Inditex, do final da visita e da volta.

 

 

Excelentes resultados e 3º premio nas X Olimpíadas galegas de Economía. Noraboa aos nosos participantes!

Ás Olimpíadas de Economía deste ano, que se realizaron o 12 de abril en Lugo, presentáronse 7 alumnos de Economía da empresa de 2ª de bacharelato. Representaron ao centro con moitas ganas, e non podo estar máis orgullosa como profesora deles do gran traballo que fixeron, e polo que foron felicitados reiteradamente pola decana da facultade de ADE de Lugo, noraboa a todos! Ademais conseguíu un deles, David Fernández Rodríguez, o 3º posto, dobre noraboa!

Enlaces ao artigo no Progreso e ao do xornal da Universidade 

Aquí os tedes antes do exame e despois do mesmo cos seus diplomas.

Finalistas de Young Business talents 2018/19

O día 5 de abril, o equipo Resistencia, formado por Jesús Barreira Santos, David Fernández Rodríguez, Pablo Herrero Álvarez e Pablo Vilar Moral, de 2º de bacharelato, participou na final de YBT, sendo o único grupo da provincia de Lugo entre os 100 mellores de toda España. O evento levouse a cabo en Madrid, e destacouse a honrosa representación e participación do equipo, que  leva unha gran experiencia ademais do diploma de finalistas. Noraboa!

Algunhas das imaxes da final:

 

Obradoiros de educación financeira

Os últimos xoves, 28 de marzo e 4 de abril, o alumnado de 4º da ESO B na materia de Economía participou nuns obradoiros moi enriquecedores. O primeiro versou sobre o investimento e a tolerancia ao risco mentres que o segundo tratou do traballo por conta allea versus o emprendemento. Foron impartidos por José Luís Rigueiro, voluntario do BBVA, a quen agradecemos a súa implicación.

Algúns momentos dos obradoiros:

 

 

Visita didáctica á exposición "Heroes ocultos"

Este curso todo o alumnado de Economía e tamén o de Historia da arte asistiu a unha exposición moi interesante e que ata o 7 de xaneiro pode visitarse de xeito individual na carpa de "La Caixa", sita na Praza Horta do Seminario.

O 23 de novembro foron os de 1º de bacharelato, o 19 de decembro os de 4º da ESO e o 21 de decembro os de 2º de bacharelato. Puidemos coñecer aspectos como a innovación, creación, produción e evolución de obxectos cotiáns que en realidade supoñen grandes avances e por iso poden considerarse como heroes xeniais: o Lego, a fregona, o pos-tit, as latas de conservas, o bolígrafo Bic, o velcro, as tiritas... Hai ata 28 dos máis de 40 obxectos que compoñen a exposición orixinal do Vitra Design Museum. O alumnado tamén puido desfrutar realizando actividades preparadas para analizar as necesidades que cubren os obxectos e facer unha práctica do método canvas ineractiva.

Noraboa aos semifinalistas de Young Business Talents

Este curso houbo un nutrido grupo de alumnos que acadaron chegar ás senifinais e obter o correspondente diploma.

En 4º da ESO:

 

Licenza Creative Commons

Visita didáctica a Inditex

Este ano o grupo de 2º de bacharelato da materia Economía da Empresa tivo a visita máis tarde do habitual, o 8 de maio, moi enriquecedora coma sempre, e ademais puidemos visitar in situ a central de venta online. Gran experiencia!

 

Licenza Creative Commons

Distribuir contido


by Dr. Radut