Skip to Content

Visita didáctica á exposición "Heroes ocultos"

Este curso todo o alumnado de Economía e tamén o de Historia da arte asistiu a unha exposición moi interesante e que ata o 7 de xaneiro pode visitarse de xeito individual na carpa de "La Caixa", sita na Praza Horta do Seminario.

O 23 de novembro foron os de 1º de bacharelato, o 19 de decembro os de 4º da ESO e o 21 de decembro os de 2º de bacharelato. Puidemos coñecer aspectos como a innovación, creación, produción e evolución de obxectos cotiáns que en realidade supoñen grandes avances e por iso poden considerarse como heroes xeniais: o Lego, a fregona, o pos-tit, as latas de conservas, o bolígrafo Bic, o velcro, as tiritas... Hai ata 28 dos máis de 40 obxectos que compoñen a exposición orixinal do Vitra Design Museum. O alumnado tamén puido desfrutar realizando actividades preparadas para analizar as necesidades que cubren os obxectos e facer unha práctica do método canvas ineractiva.

Foi unha actividade moi enriquecedora.

Podedes consultar o folleto da exposición no seguinte enlace:

https://obrasociallacaixa.org/documents/10280/219731/heroes_ocultos_folleto_es.pdf

Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

story | by Dr. Radut