Skip to Content

Tecnoloxía

Charla USC: Intelixencia Artificial

Este Luns 15 de xaneiro o alumnado de Tecnoloxía, TICS e Dixitalizacion de 4°ESO e 1° Bacharelato acudiu ao salón de actos da Xunta para recibir unha charla sobre a Intelixencia Artificial polo profesor Nicolás Vila, onde relacionou as novas tecnoloxías coa mediciña e as súas posibles aplicacións.

charla

Charla sobre Intelixencia Artificial por Nicolás Vila. Fotografía de Marcos Rodríguez

Programa A Ponte USC. Charla temática de linguaxes de programación e robótica.

O pasado martes, 28/11/23, os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato do noso centro desfrutaron dunha charla temática sobre linguaxes de programación e robótica impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo D. Efrén Arias Jordán

Esta charla está enmarcada dentro do Programa A Ponte da USC, no cal o profesorado da USC imparte charlas sobre contidos do seu ámbito docente e/ou investigador, dirixidas a alumnado de Bacharelato e Ciclos formativos. 

USC robótica

Linguaxes de programación e robótica. Fotografía de Julián Rodríguez

Camiño de Santiago dende Lugo

Un aguerrido grupo de estudantes de 2º e 4º ESO, comandado polo incansable profesor de Tecnoloxía Gerardo, completou o Camiño de Santiago o pasado 14 de maio. Tamén participaron Marta Coria, profesora de Xeografía e Historia do centro, e Luis Camilo Fernández director do CPI de Meaño.

Foi todo un reto camiñar os 101 quilómetros que separan Lugo de Santiago polo Camiño Primitivo en dúas xornadas e media. Noraboa polo esforzo!

Velaquí algunhas imaxes da aventura:

camino

Chegada á Praza do Obradoiro

Distribuir contido


by Dr. Radut