Desde hoxe día 28 de marzo e ata o próximo 28 de abril, estará aberto o prazo para solicitardes axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Podedes consultar a información e cubrir o formulario de solicitude na páxina https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Novas
PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013
PARABÉNS a DONA MARÍA DE LA LUZ PARAMIO,profesora de Lingua Castelá e Literatura e aos alumnos colaboradores no BLOG TICNADOS,gañador dos premios EDUBLOG 2013.
TRASNADAS DO XOÁN - O BLOG DO ENL
ENLACE AO BLOG TRASNADAS DO XOÁN.
Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?
FINAL DO CONCURSO VALORES DE FUTURO
As alumnas de 3º da ESO MARTA CASTRO e ANA SALDAÑA,acompañadas da súa profesora de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Mª BEATRIZ LÓPEZ SOTO, viaxarán a Madrid o 30 e 31 de maio para participar na FINAL DO CONCURSO VALORES DE FUTURO,como representantes da NOSA COMUNIDADE. Noraboa a todas e tamén ao resto do alumnado de 3º da ESO A.
AQUÍ PODEDES VER A FINAL EN MADRID.
OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013
Felicitacións a MARÍA CASTRO PERMUY de 2º ESO A , unha das 4 gañadoras da FASE DE ZONA DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013, que pasa, polo tanto, á FINAL GALEGA que terá lugar en VIGO.Noraboa tamén á súa profesora PILAR VIEITES.MÁIS
FINAL YOUNG BUSINESS TALENTS
PARABÉNS ao equipo do I.E.S. XOÁN MONTES-de esquerda a dereita na foto- MANUEL SÁNCHEZ ARROYO ,JAIME DOMINGUEZ MARTINEZ e ÁLVARO SÁNCHEZ PENA e tamén á súa profesora de Economía MARÍA BEATRIZ LÓPEZ SOTO,finalistas na 2ª edición do certame celebrado en MADRID os días 13 e 14 de abril .Para ver a reportaxe de EL PROGRESO,PREMEDE AQUÍ.
FINAL DO RALLY DE MATEMÁTICAS 2013
NORABOA AOS FINALISTAS:JUAN MANUEL CANO VILA, CARLOS CANTO CAMPO, DAVID CARREIRA LÓPEZ, DANIEL CASTRO VEIGA, IAGO FOUCE ALONSO, YERAY REGO FERNÁNDEZ, OMAR RODRIGUEZ GONZÁLEZ e ENRIQUE TORT VÁZQUEZ e á súa profesora MARÍA TERESA VÁZQUEZ CADAVIDE. polo éxito acadado en SANTIAGO. Aquí tedes o enlace á nova publicada por EL PROGRESO.
CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN
Felicitacións a JUAN ATANES CONDE e a NEREA SUÁREZ FERNÁNDEZ,gañadores deste campeonato provincial.
Reportaxe do xornal EL PROGRESO
AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Aberto o prazo para solicitar axudas para a formación en linguas estranxeiras.Acceso ao texto da orde premendo aquí e á ACTUALIZACIÓN DO 1 DE ABRIL DE 2013